Somos os
SERVIZOS SOCIAIS
Santiago de Compostela
Os servizos para servirte
A CONCELLARÍA
Concelleira de Dereitos e
Servizos Sociais, Promoción
Económica e Xuventude
ORGANIGRAMA
MEMORIA ANUAL
Concelleira de Dereitos e
Servizos Sociais, Promoción
Económica e Xuventude
Detectamos necesidades sociais na contorna e activamos recursos que melloren a calidade de vida de cada persoa e a da súa comunidade.
Un apoio real aos dereitos da veciñanza
Axudámosche a cubrir as túas necesidades básicas, a afrontar situacións de risco, favorecendo a inclusión e a participación na comunidade, apoiándote para superar barreiras e que poidas desenvolverte en condicións de igualdade.
Que facemos?
Escoitamos e atendemos as situacións persoais, facendo un diagnóstico técnico e valorando contigo a mellor intervención posible.
Xestionamos prestacións e subvencións económicas, facemos seguimento de proxectos e damos apoio profesional durante todo o proceso.
Ofrecémosche información, orientación e asesoramento, para que coñezas e poidas acceder aos recursos sociais existentes.
Activamos e coordinamos o Servizo de Axuda no Fogar, e colaboramos na xestión de prestacións para garantir a túa autonomía e atención á dependencia.
Detectamos situacións de risco e colectivos vulnerables, actuando de forma temperá para previr problemas maiores.
Elaboramos plans de intervención comunitaria baseados no estudo e diagnóstico social da comunidade.
Promovemos a participación cidadá, impulsando accións socioeducativas que reforzan a cohesión social e a solidariedade.
Facilitamos recursos de atención externos, apoiamos e financiamos asociacións e organizacións de desenvolvemento social para multiplicar a atención e recursos na nosa comunidade.
Servizos comunitarios BÁSICOS
Somos a porta de entrada á atención dos servizos sociais.
Se necesitas apoio, estamos preto!
Escoitámoste, analizamos contigo as túas dificultades e axudámoste a activar os recursos que precisas para mellorar a túa calidade de vida.
Servizos Sociais comunitarios ESPECÍFICOS
Se formas parte dun colectivo cunha situación ou necesidade específica este é o teu lugar!
Traballamos para ofrecerche apoio adaptado e eficaz!
Poñemos en marcha programas específicos e xestionamos centros orientados a cubrir as túas necesidades singulares e identificadas.
Servizos Sociais de URXENCIA (SEMUS)
Se estás vivindo ou detectas unha situación de urxencia social fóra do horario habitual, contacta con nós!
- Actuamos ante situacións inesperadas de desprotección social.
- Realizamos rutas con unidades móbiles para atender as persoas sen fogar.
- Activamos dispositivos especiais en caso de frío ou condicións meteorolóxicas extremas.
- Ofrecemos atención inmediata e especializada en casos de vulnerabilidade:
- De luns a venres: de 15:00h – 8:00 h (día seguinte)
Fins de semana e festivos: atención 24 horas
Chama ao 112 ou ao 981 54 23 23
Atenderémoste!
- De luns a venres: de 15:00h – 8:00 h (día seguinte)
Cales son os nosos servizos?
ECONÓMICO
Prestacións para necesidades básicas, para sufragar gastos de aloxamento e de pobreza enerxética, saúde bucodental, formación e apoio social puntual.
EDUCACIÓN E APOIO FAMILIAR
Programas de protección infantil, orientación e intervención familiar.
PERSOAS SEN FOGAR
Atención a situacións de exclusión, prestacións para a inclusión social e programas de acompañamento social.
PERSOAS MAIORES / DEPENDENCIA / DISCAPACIDADE
Axuda no fogar, prestacións complementarias, servizos de atención domiciliaria, apoio para persoas con discapacidade e/ou dependencia.
IGUALDADE E COHESIÓN SOCIAL
Programas de igualdade, prevención de violencia, promoción de políticas inclusivas.
TRÁMITES E XESTIÓNS
Información sobre servizos, cita previa con persoal técnico, orientación e documentación necesaria.
Memorias anuais
Consulta os documentos dos pasados anos
Normativa de interese
Regulamento de funcionamento interno do Consello Municipal de Persoas Maiores do concello de Santiago de Compostela (BOP da Coruña do 7 de outubro de 2021)
Ordenanza de garantía básica cidadá do concello de Santiago de Compostela (BOP da Coruña do 31 de agosto de 2016)
Ordenanza reguladora do servizo municipal no fogar do concello de Santiago de Compostela (BOP da Coruña do 7 de febreiro de 2014)
Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento (DOG nº 63 do 30 de marzo de 2012)
Ordenanza reguladora da Casa das Asociacións de Benestar Social (BOP da Coruña do 30 de abril de 2009)
Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia (DOG nº 245 do 18 de decembro de 2008)
Dereitos das persoas en relación cos servizos sociais
Carta de DEREITOS das persoas en relación cos servizos sociais (art. 6 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia)
- Ao respecto da dignidade da persoa, da súa autonomía, intimidade e do seu benestar.
- A utilizar o sistema de servizos sociais en condicións de igualdade e sen discriminación.
- A recibir un trato acorde coa dignidade da persoa e co respecto dos dereitos e das liberdades fundamentais.
- A unha intervención individualizada, acorde coas súas necesidades específicas, así como a que se lles asista nos trámites necesarios.
- A recibir información de xeito áxil, suficiente e veraz, en termos comprensibles, sobre os recursos e as prestacións do sistema galego de servizos sociais.
- A ter asignada unha persoa profesional de referencia.
- Á confidencialidade, ao sixilo e ao respecto en relación cos seus datos persoais e coa súa información que sexa coñecida polos Servizos Sociais.
- A acceder ao seu expediente persoal e a obter copia del.
- A elixir libremente, dentro da capacidade de oferta do sistema e logo da valoración técnica, o tipo de medidas ou de recursos adecuados para o seu caso.
- A rexeitar a oferta de participación en servizos ou programas que lles oferte o sistema.
- Á calidade dos servizos e prestacións recibidas.
- A dar instrucións previas respecto da asistencia ou dos coidados que se lles poidan administrar.
- Ao respecto dos dereitos lingüísticos das persoas usuarias.
Funcións dos servizos sociais comunitarios Básicos
FUNCIÓNS DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS BÁSICOS (art. 11 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia)
- O estudo e diagnóstico social da comunidade.
- A elaboración dun plan de intervención comunitario.
- A identificación de grupos de poboación vulnerables e a detección precoz de situacións de risco.
- A atención das situacións individuais, a información, o diagnóstico e a valoración técnica.
- A participación na xestión das prestacións económicas e o seguimento dos correspondentes proxectos de intervención social.
- A xestión do servizo de axuda no fogar e a participación na xestión das prestacións destinadas a garantir a autonomía persoal e a atención á dependencia.
- A información, a orientación e o asesoramento a toda a poboación, facilitando o seu acceso aos recursos sociais existentes.
- O fomento da participación activa da cidadanía mediante estratexias socioeducativas que impulsen a solidariedade social.
Deberes das persoas en relación cos servizos sociais
Carta de DEBERES das persoas en relación cos servizos sociais (art. 7 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia)
- Cumprir as normas, os requisitos e os procedementos para o acceso ao sistema galego de servizos sociais.
- Comunicarlle ao persoal de referencia calquera cambio significativo de circunstancias que puidese implicar a interrupción ou a modificación da intervención proposta dende os servizos sociais.
- Colaborar co persoal encargado para prestarlles a atención necesaria, acudindo ás entrevistas de seguimento.
- Manter unha actitude positiva de colaboración coas persoas profesionais dos servizos sociais.
- Participar de xeito activo no seu proceso de mellora, autonomía persoal e inserción social.
- Destinar as prestacións recibidas ao fin para o que foron concedidas.
- Contribuír ao financiamento do custo dos servizos de acordo coa normativa vixente.
- Cando utilicen as instalacións, observar os regulamentos de réxime interior e as normas de funcionamento ou convivencia.




