Ligazóns de interese
Documentación de interese
-
Documento:
Ordenanza de garantía básica cidadá do concello de Santiago de Compostela (BOP de A Coruña, de 31 de agosto de 2016).
-
Documento:
Ordenanza reguladora do servizo municipal de axuda no fogar do concello de Santiago de Compostela (BOP de A Coruña, de 7 de febreiro de 2014).
-
Documento:
Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento (DOG nº 63, de 30 de marzo de 2012).
-
Documento:
Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia (DOG nº 245, de 18 de decembro de 2008).
-
Documento:
Ordenanza reguladora da Casa das Asociacións de Benestar Social (BOP de A Coruña, de 30 de abril de 2009).
-
Documento:
Regulamento de funcionamento interno do Consello Municipal de Persoas Maiores do concello de Santiago de Compostela (BOP de A Coruña, de 7 de outubro de 2021)
Proxecto Big Social
Desta forma nace o proxecto Big Social Santiago, que ten como obxectivo analizar as diferentes situacións de vulnerabilidade social que hai na cidade a través do Big Data e desenvolver políticas e accións sociais personalizadas e cunha maior eficacia.
O proxecto emprega técnicas avanzadas de análises e procesado de datos públicos xeorreferenciados de variables que definen a vulnerabilidade, tales como a renda, o xénero, a idade ou a orixe, para obter a evolución das principais características socioeconómicas do municipio en forma de indicadores.
Con este proxecto, estase a crear unha ferramenta dixital de mapas dinámicos na que se visualizarán os resultados obtidos dos datos agrupados por áreas. Esta ferramenta facilitará o seguimento periódico de indicadores socioeconómicos do territorio as entidades sociais locais e permitirá axilizar o proceso de análise e a toma de decisións estratéxicas en materia de acción social.
Consello municipal de persoas maiores
Este órgano constituído en xaneiro de 2022, nace co obxectivo de garantir a presenza dos maiores na vida da cidade. O Consello formulará propostas, servirá de medio consultivo e colaborará en todo o relacionado con este sector de poboación coa administración local.
Esta nova iniciativa, impulsada pola Plataforma de Pensionistas de Santiago de Compostela, busca crear un espazo para o exercicio da democracia activa e como canle de comunicación entre os maiores de 65 anos e a administración local, que posibilite a súa plena participación na vida cidadá, política, económica, social e cultural.
Poderán formar parte da Consello todas aquelas entidades que o soliciten xa que a participación é aberta. Polo momento, forman parte deste órgano como vocais as seguintes entidades: Plataforma de Pensionistas de Compostela, Asociación Compostela Solidaria, Asociación para a Loita contra as Enfermidades do Ril (ALCER coruña), Fundación Down Compostela, Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer (AGADEA), Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, Federación de Asociacións Veciñais do Rural de Santiago (FERUSA), UGT e os Grupos Políticos Compostela Aberta, Grupo Popular de Santiago, PSOE e BNG.
Compostela Integra
Constitúese como unha ferramenta de traballo interno entre os compoñentes das distintas redes e nunha ponte de comunicación cara o exterior, que pretende informar á cidadanía das accións que se están levando a cabo e que poden resultar de interese para a súa vida cotiá.
Memoria anual de servizos sociais
Esta memoria pretende dar conta da xestión realizada dende o Centro Municipal de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Santiago de Compostela ao longo do ano 2024, facendo un recoñecemento especial a todo o equipo de profesionais que desempeñan a súa labor no mencionado departamento, preocupados sempre polo benestar social e pola protección das persoas máis vulnerables.