SERVIZOS SOCIAIS
Santiago de Compostela
SERVIZOS SOCIAIS
Santiago de Compostela

Os Servizos Sociais, o corazón do Concello de Santiago de Compostela

Prestamos atención social básica para garantir o benestar social das persoas, de toda a veciñanza en situacións de vulnerabilidade, risco ou emerxencia, do noso municipio.

Profesional de traballo social
PROFESIONAL DE EDUCACIÓN FAMILIAR

PROFESIONAL DE PSICOLOXÍA

AXENTE DE DESENVOLVEMENTO LOCAL
PROFESIONAL TÉCNICO DE XESTIÓN

Persoal técnico administrativo

Contamos cun equipo interdisciplinario -traballadoras e traballadores sociais, psicólogas/os, educadoras/es, xuristas, persoal técnico- que se esforza cada día para prestar atención adaptada ás persoas e familias nos distintos momentos da vida.

Estamos ao teu servizo os 365 días do ano

O SEMUS é o Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela,  que complementa a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de urxencia/emerxencia social.

De luns a venres: 15:00 – 8:00 h.
Sábados, domingos e festivos: 24 h.

112

Emerxencias

981 54 23 23

Policía Local

Outros dispositivos de atención social municipal

Centro de orientación, apoio psicolóxico, asesoramento xurídico e servizos de intervención social de forma totalmente confidencial e gratuíta para vítimas de violencia machista ou en situación de vulnerabilidade.

Organismo de axuda a persoas migrantes, asiladas e retornadas para saber todo o que precisan para instalarse aquí.

Compostela INTEGRA

COMPOSTELA INTEGRA é un espazo de encontro virtual para profesionais de distintos ámbitos que están a traballar en rede con algún dos dispositivos do Departamento de Servizos Sociais do concello de Santiago de Compostela.

Constitúese como unha ferramenta de traballo interno entre os compoñentes das distintas redes e como ponte de comunicación cara ao exterior, que pretende informar a cidadanía das accións que se están levando a cabo e que poden resultar de interese para a súa vida cotiá.

Galería de imaxes

Centros en Santiago de Compostela

Centro Municipal

Punto de Atención Ensanche-Conxo

Punto de Atención Fontiñas

Rúa Berlín, nº 13,
15707 Santiago de Compostela
Ver en Google Maps

981 542 465

HORARIO DE INVERNO
Luns a venres: 8:30 a 14:00

HORARIO DE VERÁN
Luns a venres: 8:30 a 13:00

Ver ficha do centro