Xantar na casa

Inclusión social | Persoas con discapacidade | Persoas dependentes | Persoas maiores

O Xantar na Casa constitúe un servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades das persoas maiores, con discapacidade, en situación de dependencia ou con factores de exclusión social, que non poden valerse por si mesmas para cubrir as súas necesidades básicas relacionadas coa compra ou elaboración de menús.

Son beneficiarias do programa “Xantar na Casa” as persoas empadroadas e que sexan residentes no concello e que cumpran os seguintes requisitos:

  • Persoas maiores de 60 anos, que teñan limitada a súa capacidade de autonomía persoal, e sen rede de apoio que puidera suplir tal situación.
  • Persoas dependentes, que carezan de apoio familiar, e requiren de axuda para a preparación de alimentos.
  • Persoas menores de 60 anos en situación de exclusión social, tecnicamente avaliada polos servizos sociais do Concello.

 

CUSTO DO SERVIZO.

Prezo menú/día  

Achega dos usuarios  

Achega do concello  

Achega do consorcio 

7,32 €

1,95 €
(26,67%)

1,95 €
(26,67%)

3,42 €
(46,66%)

Os menús serán completos e equilibrados, variados e adaptables ás necesidades das persoas usuarias, os seus gustos e hábitos, así como á gastronomía local e á época do ano. Cada menú inclúe primeiro prato, segundo prato e sobremesa.

Os xantares entregaranse nun único día á semana ás persoas beneficiarias, que recibirán no seu domicilio sete bandexas diferentes co xantar para cada día da semana durante o período en que se atopen de alta no servizo.

Quen o pode solicitar?

Poden ser beneficiarias do programa “Xantar na Casa” as persoas empadroadas e que sexan residentes no concello e que cumpran os seguintes requisitos:

  • Persoas maiores de 60 anos, que teñan limitada a súa capacidade de autonomía persoal, e sen rede de apoio que puidera suplir tal situación.
  • Persoas dependentes, que carezan de apoio familiar, e requiren de axuda para a preparación de alimentos.
  • Persoas menores de 60 anos en situación de exclusión social, tecnicamente avaliada polos servizos sociais do Concello.

 

Requisitos específicos

  • Estar empadroado e residir no municipio de Santiago de Compostela.
  • Presentar a documentación esixida.
  • Ser valorado como recurso idóneo a aplicar pola unidade técnica de Servizos Sociais.

Como se realiza a tramitación?

Para realizar o trámite dende o Departamento municipal de Servizos Sociais do concello de Santiago de Compostela, débese pedir CITA PREVIA co/coa profesional de Traballo Social do SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR que corresponda segundo domicilio de residencia.

O día da cita é aconsellable aportar a seguinte documentación necesaria para a súa tramitación.

Documentación

  • Solicitude BS025
  • Autorización domiciliación bancaria conforme ao modelo establecido, asinada pola persoa interesada e a entidade bancaria
  • Compromiso de contrato das persoas beneficiarias do servizo “Xantar na casa”
  • Autorización conforme autorizan aos Servizos Sociais do Concello de Santiago de Compostela a consultar e obter os datos que consten en ficheiros automatizados das Administracións Públicas necesarios para o recoñecemento, seguimento, revisión e control do “Programa de Xantar na casa”
  • DNI/NIE da persoa interesada e dos restantes membros da unidade de convivencia maiores de idade
  • Certificado de empadroamento e convivencia, no caso de non autorizar a súa consulta
  • Informe das condicións de saúde segundo o modelo oficial establecido (obrigatorio)
  • Xustificante do número de conta bancaria, con IBAN e a identificación da persoa titular (obrigatorio)
  • Resolución de discapacidade e/ou dependencia (de selo caso)
  • Xustificantes de ingresos económicos de tódolos membros da unidade procedentes de salarios, pensións, subsidios e/ou outros bens que posúan por medio dalgunha da seguinte doc. (obrigatoria a que proceda no caso de non autorizar a consulta)
  • Documentación de representación: Documento de identidade de representación e Acreditación de representación

 

As solicitudes deberán ser valoradas por un/ha traballador/a social dos Servizos Sociais comunitarios do concello que, determinará a idoneidade do servizo, así como a intensidade recomendable para cada caso concreto.

 

Unha vez valorada a pertinencia do recurso, asinarase un acordo de servizo  entre a persoa usuaria e os Servizos Sociais, no cal se recollerá o contido particular das atencións que se prestarán, a programación temporal da prestación, a intensidade horaria e os compromisos de ambas as partes, incluíndo o compromiso de copagamento que corresponda

Onde se pode solicitar?

  • No Punto de Atención de Servicios Sociais do domicilio (PASS) de Cabes
  • No Punto de Atención de Servicios Sociais do domicilio (PASS) de Fontiñas
  • No Punto de Atención de Servicios Sociais do domicilio (PASS) de Conxo-Ensanche
  • No Punto de Atención de Servicios Sociais do domicilio (PASS) de Galeras

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local