Certificado do grao de discapacidade

Persoas con discapacidade

É un documento oficial que acredita a condición legal de persoa con discapacidade.

Está dirixido a persoas de calquera idade, con deficiencias permanentes non recuperables. As pautas de valoración fundaméntanse sobre todo nos efectos para a capacidade de realizar as actividades básicas da vida diaria.

Este recoñecemento efectúase a través dos Equipos de valoración e orientación (EVO) dependentes da Xunta de Galicia.

Se a persoa na súa valoración alcanza unha porcentaxe igual ou superior ao 33% de discapacidade pode acceder a unha serie de beneficios: fiscais, laborais, económicos, educativos, sociais, entre outros, e se supera o 65% pode accedes á Pensión non Contributiva de invalidez.

Quen o pode solicitar?

  • Persoas españolas ou estranxeiras residentes legalmente en España, que estean empadroadas en calquera Concello da comunidade autónoma.
  • Persoas que padezan unha discapacidade física, psíquica, orgánica, intelectual ou sensorial.

Como se realiza a tramitación?

Para realizar o trámite dende o Departamento municipal de Servizos Sociais do concello de Santiago de Compostela, débese pedir CITA PREVIA co/coa profesional de Traballo Social do PASS que corresponda segundo domicilio de residencia.
O día da cita é aconsellable aportar a seguinte documentación necesaria para a súa tramitación.

Documentación

  1. Copia do DNI/NIE da persoa solicitante ou documento acreditativo da súa identidade, no suposto de que non autorice á administración para o acceso por medios propios.
  2. Cando a persoa solicitante sexa un menor de idade, copia compulsada do libro de familia, que inclúa a folla na que apareza o nome do/a beneficiario/a, no caso de non posuír DNI.
  3. Acreditación da persoa representante do solicitante, no seu caso.
  4. Certificado de empadroamento que acredite a residencia nun municipio da Comunidade Autónoma no momento de presentar a solicitude, agás as persoas que estean sendo atendidas dentro do sistema público de servizos sociais (residencias, centro de día, axuda no fogar).
  5. Informe de condicións de saúde emitido por un profesional do Servizo Galego de Saúde, doutras administración públicas que traten habitualmente á persoa solicitante ou de entidades concertadas ou conveniadas coa Seguridade Social ou réximes especiais.
    Terá carácter complementario os informes emitidos polos profesionais de entidades, asociacións e corporacións sen ánimo de lucro no ámbito da discapacidade, así como o emitido por profesionais de entidades xestoras de servizos sociais de institucionalización onde se atope o solicitante.

As persoas interesadas non estarán na obriga de achegar información, datos ou documentación que estea xa en poder da administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou que, de acordo coa lexislación vixente, poida obterse polos seus propios medios.

Prazo

En calquera momento.

Onde se pode solicitar?

  • No Punto de Atención de Servicios Sociais do domicilio (PASS) de Cabes
  • No Punto de Atención de Servicios Sociais do domicilio (PASS) de Fontiñas
  • No Punto de Atención de Servicios Sociais do domicilio (PASS) de Conxo-Ensanche
  • No Punto de Atención de Servicios Sociais do domicilio (PASS) de Galeras

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local