Ingreso Mínimo Vital (IMV)

Inclusión social | Poboación en xeral

É unha prestación de natureza económica que garante un nivel mínimo de renda a quen se atope en situación de vulnerabilidade.

Obxectivos

Persegue garantir unha mellora de oportunidades reais de inclusión social e laboral das persoas beneficiarias

Contía

A contía mensual da prestación do IMV que corresponde á persoa beneficiaria individual ou á unidade de convivencia virá determinada pola diferenza entre a contía da renda garantida e o conxunto de todas as rendas e ingresos da persoa beneficiaria ou dos membros que compoñen esa unidade de convivencia do exercicio anterior sempre que a contía resultante sexa igual ou superior a 10 euros mensuais.

A renda garantida variará en función das características da persoa ou da unidade familiar, número de membros, existencia de persoas con discapacidade, etc.

Quen o pode solicitar?

  1. Quen teña residencia legal e efectiva en España e tela de forma continuada e ininterrompida durante polo menos o ano inmediatamente anterior á data de presentación da solicitude. Non se esixirá este requisito respecto de:
    1. Os menores incorporados á unidade de convivencia por nacemento, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento familiar permanente.
    2. As persoas vítimas de trata de seres humanos e de explotación sexual
    3. As mulleres vítimas de violencia de xénero
  2. Se atope en situación de vulnerabilidade económica por carecer de rendas, ingresos ou patrimonio suficientes.
    Situación de vulnerabilidade: Apreciarase que concorre este requisito cando a media mensual do conxunto de ingresos e rendas anuais da persoa beneficiaria ou do conxunto de membros da unidade de convivencia, correspondentes ao exercicio anterior sexa inferior, polo menos en 10 euros, á contía mensual da renda garantida con esta prestación que corresponda en función da modalidade e do número de membros da unidade de convivencia.
  3. Non sexa titular dun patrimonio valorado nun importe igual ou superior a tres veces a contía correspondente de renda garantida polo IMV para unha persoa beneficiaria individual.
  4. As persoas que sexan menores de 30 anos na data da solicitude do IMV, deberán acreditar vivir de forma independente en España, durante polo menos os tres anos inmediatamente anteriores á indicada data. Este requisito non se esixirá ás persoas de entre 18 e 22 anos que proveñan de centros residenciais de protección de menores das diferentes Comunidades Autónomas, tampouco se esixirán cando o cesamento da convivencia cos proxenitores, titores ou acolledores debeuse ao falecemento destes. Tampouco se esixirán ás persoas que por ser vítimas de violencia de xénero abandonasen o seu domicilio habitual, ás persoas sen fogar, ás que iniciasen os trámites de separación ou divorcio, ás persoas vítimas de trátaa de seres humanos e de explotación sexual ou ás que se atopen noutras circunstancias que poidan determinarse regulamentariamente
  5. As persoas que sexan maiores de 30 anos na data da solicitude, deberán acreditar que, durante o ano inmediatamente anterior á devandita data, o seu domicilio en España foi distinto ao dos seus proxenitores, titores ou acolledores. Este requisito non se esixirá cando o cesamento da convivencia cos proxenitores, titores ou acolledores debeuse ao falecemento destes. Tampouco se esixirán ás persoas que por ser vítimas de violencia de xénero abandonasen o seu domicilio habitual, ás persoas sen fogar, ás que iniciasen os trámites de separación ou divorcio, ás persoas vítimas de trátaa de seres humanos e de explotación sexual ou ás que se atopen noutras circunstancias que poidan determinarse regulamentariamente
  6. A unide de convivencia das persoas beneficiarias deberá estar constituída durante polo menos os 6 meses anteriores á presentación da solicitude, de forma continuada. Este requisito non se esixirá nos casos de nacemento, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento familiar permanente de menores, reagrupamento familiar de fillas e fillos menores de idade, nos supostos de mulleres vítimas de violencia de xénero ou vítimas de trata de seres humanos e explotación sexual, ou noutros supostos xustificados que poidan determinarse regulamentariamente

Os requisitos relacionados nos apartados anteriores deberán cumprirse no momento de presentación da solicitude ou ao tempo de solicitar a súa revisión, e manterse ao ditarse a resolución e durante o tempo de percepción do IMV.

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local