Servizos a veciñanza

Valoración da situación de dependencia

Que servizos ofrece?

A dependencia é un estado de carácter permanente en que se atopan as persoas que, por razóns derivadas da idade, a enfermidade ou a discapacidade e relacionadas coa perda de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, necesitan da atención doutra persoa ou de axudas importantes para realizar as actividades básicas da vida diaria.
O recoñecemento oficial da situación de dependencia nalgún dos graos establecidos é un requisito básico para poder acceder ás prestacións económicas e de servizos sociais recoñecidos pola Lei da dependencia. Segundo a necesidade de axuda da persoa afectada para levar a cabo varias das actividades básicas da vida diaria, o grao de dependencia recoñecidos pola Lei son:

  • Grao I ou Dependencia Moderada: cando a persoa necesita axuda polo menos unha vez ao día para realizar algunhas actividades básicas da vida diaria ou ten necesidades de axuda intermitente ou limitada para manter a súa autonomía persoal.
  • Grao II ou Dependencia Severa: cando a persoa necesita axuda dúas ou tres veces ao día, pero non require a presenza permanente dun coidador, ou ten necesidades de axuda extensa para manter a súa autonomía persoal.
  • Grao III ou Gran Dependencia: cando a persoa necesita axuda diversas veces ao día, e pola súa perda total de autonomía mental ou física, necesita a presenza indispensable e continuada doutra persoa ou ten necesidade de axuda xeneralizada para manter a súa autonomía persoal.

Quen pode solicitar a súa participación?

Poderán solicitar o recoñecemento da situación de dependencia en Galicia as persoas españolas que, de conformidade co previsto no art. 5 da Lei 39/2006, do 14 de decembro, cumpran os seguintes requisitos:

  • Encontrarse en situación de dependencia nalgún dos graos establecidos.
  • Para os menores de 3 anos, encontrarse en situación de dependencia conforme o disposto na disposición adicional décimo terceira da Lei 39/2006, do 14 de decembro.
  • Residir en territorio español e telo feito durante 5 anos, dos cales dous deberán ser inmediatamente anteriores a data de presentación da solicitude. Para os menores de cinco anos o período de residencia esixirase a quen exerza a súa garda e custodia.
  • Residir en Galicia na data de presentación da solicitude.

As persoas que, reunindo os requisitos anteriores, carezan da nacionalidade española rexeranse polo establecido na Lei Orgánica 4/2000 , nos tratados internacionais e nos convenios que se establezan co país de orixe. Ás/aos menores que carezan da nacionalidade española aplicaráselles o disposto nas leis do menor vixentes, tanto no ámbito estatal como no autonómico, así como nos tratados internacionais.
As persoas en situación de dependencia que como consecuencia da súa condición de emigrantes retornados non cumpran o requisito do período de residencia no territorio español, poderán acceder ás prestacións con igual contido e extensión que as prestacións reguladas na Lei 39/2006, do 14 de decembro, e na súa posterior normativa de desenvolvemento.

Como se realiza a tramitación?

Para realizar o trámite dende o Departamento municipal de Servizos Sociais do concello de Santiago de Compostela, débese pedir CITA PREVIA co/coa profesional de Traballo Social do PASS que corresponda segundo domicilio de residencia.
O día da cita é aconsellable aportar a seguinte documentación necesaria para a súa tramitación.

Documentación

  1. Copia do DNI/NIE da persoa solicitante ou documento acreditativo da súa identidade, no suposto de que non autorice á administración para o acceso por medios propios.
  2. Cando a persoa solicitante sexa un menor de idade, copia compulsada do libro de familia, que inclúa a folla na que apareza o nome do/a beneficiario/a, no caso de non posuír DNI.
  3. Acreditación da persoa representante do solicitante, no seu caso.
  4. Certificado de empadroamento que acredite a residencia nun municipio da Comunidade Autónoma no momento de presentar a solicitude, agás as persoas que estean sendo atendidas dentro do sistema público de servizos sociais (residencias, centro de día, axuda no fogar).
  5. Certificado de empadroamento emitido polos concellos correspondentes que acrediten a residencia da persoa solicitante en España durante cinco anos, dos cales dous deberán ser inmediatamente anteriores á data de presentación de solicitude. Para o caso de menores de cinco anos, certificado de empadroamento que acredite a residencia de quen ostente a súa representación.
  6. No suposto de residentes que carezan da nacionalidade española presentarán certificado emitido polo Ministerio del Interior que acredite o cumprimento dos mesmos períodos.
  7. No caso de ser emigrante retornado e non cumprir o requisito do período de residencia, certificado de emigrante retornado expedido pola delegación do Goberno
  8. Informe de condicións de saúde emitido por un profesional do Servizo Galego de Saúde, doutras administración públicas que traten habitualmente á persoa solicitante ou de entidades concertadas ou conveniadas coa Seguridade Social ou réximes especiais.
  9. Terá carácter complementario os informes emitidos polos profesionais de entidades, asociacións e corporacións sen ánimo de lucro no ámbito da discapacidade, así como o emitido por profesionais de entidades xestoras de servizos sociais de institucionalización onde se atope o solicitante.
  10. Estarán exentas de presentar o informe de saúde as persoas que tiveran recoñecida a necesidade de axuda de terceira persoa, cunha puntuación de 45 puntos ou máis.
  11. Certificado de discapacidade coa puntuación de axuda de terceira persoa (ATP) cando fora emitido por outra Comunidade Autónoma, se é o caso.
  12. Resolución de grao, se é o caso, cando sexa emitido por outra Comunidade Autónoma.
  13. No caso de solicitude de prestación económica para coidados no contorno familiar, certificado de empadroamento do coidador, así como declaración xurada do grao de parentesco que os une ou tipo de relación se non é a filial, e DNI/NIE ou outro documento acreditativo da súa identidade.
  14. Certificado de convivencia da persoa solicitante segundo Padrón Municipal.
  15. Declaración do IRPF, certificado de toda clase de pensións percibidas pola persoa solicitante ou declaración xurada de non percibilas, no caso de non autorizar a consulta e comprobación dos seus datos económicos no anexo I da solicitude.
  16. Declaración responsable do patrimonio da persoa solicitante na que se detalle o conxunto das súas titularidades de bens e dereitos de contido económico. (Anexo IX).
  17. Copia, de ser o caso, do DNI/NIE do cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou fillos menores de 25 anos ou maiores en situación de discapacidade que dependan economicamente do solicitante. Cando existan menores de idade que dependan economicamente da persoa solicitante, copia compulsada do libro de familia no caso de que estes non posúan DNI.
  18. Declaración do IRPF, certificado de toda clase de pensións percibidas polo cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou fillos/as menores de 25 anos ou maiores en situación de discapacidade, economicamente a cargo da persoa solicitante, ou declaración xurada de non percibilas (no caso de non autorizar a consulta dos seus datos económicos -Anexo I da solicitude), e Declaración responsable do patrimonio (Anexo IX)
  19. As persoas interesadas non estarán na obriga de achegar información, datos ou documentación que estea xa en poder da administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou que, de acordo coa lexislación vixente, poida obterse polos seus propios medios.

    Prazo

    En calquera momento.

Onde se pode solicitar?

Outros trámites e xestón de Servizos Sociais

PAPIS

VITRASAN

Servizo municipal de Atención Inmediata (SMAI)

Programa municipal de Emerxencia

Bolsas municipais para sufragar gastos relacionados con medidas terapéuticas que apoien o desenvolvemento e o benestar persoal

Xantar na casa

Certificado do grao de discapacidade

Servizo de axuda no fogar de libre concorrencia

Servizo de educación e apoio familiar

Valoración da situación de dependencia

Servizo galego de apoio á mobilidade persoal (transporte adaptado)

Servizo de atención residencial para persoas en situación de dependencia

Programa municipal de inclusión social

Programa municipal de inclusión das persoas sen fogar

Libranza vinculada a servizo de atención residencial. (Bono autonomía en residencia)

Libranza para coidados no contorno familiar

Libranza para a asistencia persoal

Libranza para a adquisición dun servizo

Servizo Municipal de Urxencias Sociais: SEMUS COMPOSTELA

Prestacións complementarias á dependencia/discapacidade

Pensión non contributiva (PNC) de invalidez

Subsidio de mobilidade e gastos de transporte

Servizo de Teleasistencia Domiciliaria

Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda alugada

Pensión non Contributiva (PNC) de Xubilación

BONOTAXI: Axudas Individuais para o uso do Servizo de taxi para persoas con dificultades de mobilidade

Axudas de inclusión social (AIS)

Axudas de Urxencia/Emerxencia Social

Servizo de axuda no fogar de dependencia

Estadías temporais en servizo residencial ou de supervisión e apoio puntual

Bolsas Municipais para comedor, material escolar e actividades extraescolares.

Prestacións de fomento do dereito á educación para estudos non universitarios (matrículas, materiais, desprazamento, manutención e outros gastos)

Bonobus na modalidade Carencia de Recursos

Exención municipal da cota de auga

Prestación municipal para o equipamento básico da vivienda

Prestacións municipais de habitabilidade e pobreza enerxética

Prestación municipal para cobertura de necesidades básicas

Prestacións municipais de saúde bucodental

Renda Municipal de Garantía Básica cidadá

Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA)

Ingreso Mínimo Vital (IMV)

Servizo de Información, Orientación e Valoración

Servizo de Atención Telemática

Servizo de Cita Previa co Punto de Atención de Servizos sociais

Canles de tramitación

Para a solicitude da cita é imprescindible a identificación da persoa para a que se precisa realizar a consulta ou trámite e que indique o seu lugar de residencia, para asignarlle os profesionais que correspondan nos distintos Puntos de Atención de Servizos Sociais.

De forma xeral, podes xestionar os teus trámites
cos Servizos Sociais a través destas canles:

Sede electrónica

Podes consultar aquí os trámites específicos e a documentación dispoñible na SEDE ELECTRÓNICA

Sede Electrónica do Concello de Santiago

Ao acceder,seleccione a unidade tramitadora:
C05.01.01 SERVIZOS SOCIAIS

Aquí tes un exempo:

Sede Electrónica da Xunta de Galicia