Servizo Municipal de Urxencias Sociais: SEMUS COMPOSTELA

Inclusión social | Infancia e familia | Persoas con discapacidade | Persoas dependentes | Persoas maiores | Poboación en xeral

A finalidade do SEMUS é prestar unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade (necesidade, urxencia social), estendendo á atención dos servizos sociais Municipais aos 365 de días do ano e ás 24 h do día.

Obxectivos

  • Complementar aos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non estean operativos,
  • Apoiar a labor realizada pola Policía Local, polo servizo de Bombeiros e de Protección Civil, cando no desenvolvemento das súas funcións se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de respostas.

Horario de atención

De 15:00h a 08:00h. De luns a domingo.

Quen o pode solicitar?

Calquera persoa que así o considere por estar en situación de vulnerabilidade o de urxencia social.

Requisitos específicos

Precisar asistencia no termo municipal de Santiago de Compostela.

Como se realiza a tramitación?

Pódese solicitar chamando:

  • Teléfono de emerxencias 112
  • Teléfono da policía local: 981 542 323

Onde se pode solicitar?

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local