Servizos a veciñanza

Servizo municipal de Atención Inmediata (SMAI)

Que é o SMAI?

Descrición

O Servizo Municipal de Atención Inmediata (SMAI) nace como resposta á necesidade de garantir unha atención social urxente, eficaz e digna, nos casos de:

  • Caídas no domicilio sen posibilidade de auxilio inmediato.
  • Necesidade de traslado urxente a recurso residencial ou de acollida.
  • Outras necesidades de mobilización valoradas e prescritas dende os Servizos Sociais Comunitarios Básicos..

Persoas interesadas

Este servizo está dirixido especialmente a:

  • Persoas maiores que viven soas.
  • Persoas con discapacidade ou dependencia sen rede de apoio.
  • Situacións de caídas non sanitarias no fogar, sen rede de apoio suficiente.
  • Persoas con enfermidades crónicas con risco de caídas e sen rede de apoio suficiente.
  • Acompañamentos e traslados a centros residenciais ou outros recursos sociais, en supostos de emerxencia social, previamente valorados por persoal técnico do Departamento municipal de Servizos Sociais Comunitarios.
  • Outro tipo de mobilizacións valoradas tecnicamente dende os Servizos Sociais Comunitarios do concello de Santiago de Compostela.

Tramitación

É un servizo dispoñible 24 horas / 365 días, que actuará a demanda do SEMUS Compostela (Servizo municipal de Urxencias Sociais) e/ou dos Servizos Sociais Comunitarios, resultando un complemento cualificado neste tipo de intervencións vitais, que se escapan da labor dos restantes profesionais do eido social, por carecer da formación oportuna nesta materia.

En ningún caso este servizo pode suplir as competencias que teñen atribuídas os dispositivos sanitarios, non realizando traslados nin a centros sanitarios nin mobilizacións nas que se valore que poida existir unha causa grave na saúde da persoa, requirindo nestes supostos a coordinación co 061 ou co 112 para a súa intervención cualificada. A actuación sempre se realizará cando non se prevea nin se valore unha causa sanitaria.

Onde se pode solicitar?

  • No Punto de Atención de Servicios Sociais do domicilio (PASS) de Cabes
  • No Punto de Atención de Servicios Sociais do domicilio (PASS) de Fontiñas
  • No Punto de Atención de Servicios Sociais do domicilio (PASS) de Conxo-Ensanche
  • No Punto de Atención de Servicios Sociais do domicilio (PASS) de Galeras

Outros trámites e xestón de Servizos Sociais

PAPIS

VITRASAN

Servizo municipal de Atención Inmediata (SMAI)

Programa municipal de Emerxencia

Bolsas municipais para sufragar gastos relacionados con medidas terapéuticas que apoien o desenvolvemento e o benestar persoal

Xantar na casa

Certificado do grao de discapacidade

Servizo de axuda no fogar de libre concorrencia

Servizo de educación e apoio familiar

Valoración da situación de dependencia

Servizo galego de apoio á mobilidade persoal (transporte adaptado)

Servizo de atención residencial para persoas en situación de dependencia

Programa municipal de inclusión social

Programa municipal de inclusión das persoas sen fogar

Libranza vinculada a servizo de atención residencial. (Bono autonomía en residencia)

Libranza para coidados no contorno familiar

Libranza para a asistencia persoal

Libranza para a adquisición dun servizo

Servizo Municipal de Urxencias Sociais: SEMUS COMPOSTELA

Prestacións complementarias á dependencia/discapacidade

Pensión non contributiva (PNC) de invalidez

Subsidio de mobilidade e gastos de transporte

Servizo de Teleasistencia Domiciliaria

Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda alugada

Pensión non Contributiva (PNC) de Xubilación

BONOTAXI: Axudas Individuais para o uso do Servizo de taxi para persoas con dificultades de mobilidade

Axudas de inclusión social (AIS)

Axudas de Urxencia/Emerxencia Social

Servizo de axuda no fogar de dependencia

Estadías temporais en servizo residencial ou de supervisión e apoio puntual

Bolsas Municipais para comedor, material escolar e actividades extraescolares.

Prestacións de fomento do dereito á educación para estudos non universitarios (matrículas, materiais, desprazamento, manutención e outros gastos)

Bonobus na modalidade Carencia de Recursos

Exención municipal da cota de auga

Prestación municipal para o equipamento básico da vivienda

Prestacións municipais de habitabilidade e pobreza enerxética

Prestación municipal para cobertura de necesidades básicas

Prestacións municipais de saúde bucodental

Renda Municipal de Garantía Básica cidadá

Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA)

Ingreso Mínimo Vital (IMV)

Servizo de Información, Orientación e Valoración

Servizo de Atención Telemática

Servizo de Cita Previa co Punto de Atención de Servizos sociais

Canles de tramitación

Para a solicitude da cita é imprescindible a identificación da persoa para a que se precisa realizar a consulta ou trámite e que indique o seu lugar de residencia, para asignarlle os profesionais que correspondan nos distintos Puntos de Atención de Servizos Sociais.

De forma xeral, podes xestionar os teus trámites
cos Servizos Sociais a través destas canles:

Sede electrónica

Podes consultar aquí os trámites específicos e a documentación dispoñible na SEDE ELECTRÓNICA

Sede Electrónica do Concello de Santiago

Ao acceder,seleccione a unidade tramitadora:
C05.01.01 SERVIZOS SOCIAIS

Aquí tes un exempo:

Sede Electrónica da Xunta de Galicia