Servizos a veciñanza

Servizo galego de apoio á mobilidade persoal (transporte adaptado)

Que servizos ofrece?

Consiste nun servizo de transporte adaptado programado e non urxente para a prestación de servizos puntuais.

A prestación do Servizo procurará cubrir as necesidades de desprazamento das persoas que teñan recoñecida a condición de usuarias do servizo no ámbito de Galicia, de acordo coa seguinte orde de prioridades:

  1. Acudir a consultas médicas do sistema público e concertado ou das mutualidades de funcionarios públicos, cando o desprazamento non sexa competencia do sistema sanitario, e sempre que exista unha confirmación de cita previa para acudir á consulta.
  2. Traslados aos centros asistenciais do sistema galego de servizos sociais que prestando servizo de aloxamento, de carácter permanente ou temporal, non dispoñan de servizo de transporte, e prioritariamente aos que conten con financiamento público.
  3. Acudir a programas ou actividades que se presten prioritariamente en centros do sistema galego de servizos sociais que conten con financiamento público, e que non dispoñan de servizo de transporte.
  4. Asistir a actividades de carácter educativo e formativo que favorezan a integración laboral e a promoción da autonomía persoal, cando o desprazamento non sexa competencia do sistema público educativo.
  5. Asistir a actividades relacionadas co coidado persoal, tanto a nivel terapéutico como rehabilitador.

Sempre que estean cubertas as ditas prioridades e exista dispoñibilidade de medios, poderanse prestar servizos para as seguintes actividades, e pola seguinte orde de prioridade:

  1. Realizar xestións de carácter legal e/ou administrativo.
  2. Asistir a actividades de carácter cultural, deportivas e/ou sociais.

Quen pode solicitar a súa participación?

Poderán ser usuarios/as do servizo as persoas residentes en Galicia que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Ter recoñecida a imposibilidade de utilización de transporte público colectivo, motivada pola súa situación de dependencia ou discapacidade.
  2. Ter recoñecida a situación de dependencia en calquera dos seus graos, ou ter recoñecido un grao de discapacidade igual o superior ao 75 %.

Excepcionalmente poderán obter a condición de persoa usuaria aquelas persoas que teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % e inferior ao 75 %, sempre que se acredite a concorrencia de circunstancias que aconsellen o uso de transporte adaptado e así conste no Informe Social elaborado dende o Departamento de Traballo Social de referencia, ben sexa dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos, ben sexa dende o sistema de saúde.
O acceso a este servizo estará condicionado a que as necesidades de transporte non poidan ser cubertas de xeito satisfactorio polo medios convencionais de transporte público de uso xeral, unha vez que se incorporen a estes os sistemas de adaptación precisos.

Como se realiza a tramitación?

Para efectuar esta tramitación a través do concello é necesario que concerte cita previa co teléfono de CITA PREVIA de Servizos Sociais. Acuda ao Punto de Atención de Servizos Sociais que corresponda polo domicilio con cita previa.
Os profesionais valoran individualmente cada situación e o apoian na tramitación da axuda e a viabilidade do servizo.

O día da cita é aconsellable aportar a seguinte documentación necesaria para a súa tramitación.

Documentación

  1. Fotocopia do DNI ou NIE da persoa solicitante e certificado de empadroamento, só no caso de que non dea o seu consentimento para que o órgano instrutor comprobe os seus datos de carácter persoal.
  2. Cando a persoa solicitante sexa menor de idade e non estea en posesión do DNI, copia do libro de familia, na que se inclúa a folla na que apareza o nome do/a beneficiario/a.
  3. Certificación da discapacidade ou do grao e nivel de dependencia, se é o caso, só cando non sexa expedida pola Comunidade Autónoma de Galicia.
  4. Se é o caso, acreditación documental da representación que se ten da persoa que formula a solicitude, e copia do documento identificativo (DNI/NIE) da persoa representante, salvo que no escrito de solicitude se autorice a esta Administración para a comprobación da mesma.

Prazo

En calquera momento.

Onde se pode solicitar?

Outros trámites e xestón de Servizos Sociais

PAPIS

VITRASAN

Servizo municipal de Atención Inmediata (SMAI)

Programa municipal de Emerxencia

Bolsas municipais para sufragar gastos relacionados con medidas terapéuticas que apoien o desenvolvemento e o benestar persoal

Xantar na casa

Certificado do grao de discapacidade

Servizo de axuda no fogar de libre concorrencia

Servizo de educación e apoio familiar

Valoración da situación de dependencia

Servizo galego de apoio á mobilidade persoal (transporte adaptado)

Servizo de atención residencial para persoas en situación de dependencia

Programa municipal de inclusión social

Programa municipal de inclusión das persoas sen fogar

Libranza vinculada a servizo de atención residencial. (Bono autonomía en residencia)

Libranza para coidados no contorno familiar

Libranza para a asistencia persoal

Libranza para a adquisición dun servizo

Servizo Municipal de Urxencias Sociais: SEMUS COMPOSTELA

Prestacións complementarias á dependencia/discapacidade

Pensión non contributiva (PNC) de invalidez

Subsidio de mobilidade e gastos de transporte

Servizo de Teleasistencia Domiciliaria

Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda alugada

Pensión non Contributiva (PNC) de Xubilación

BONOTAXI: Axudas Individuais para o uso do Servizo de taxi para persoas con dificultades de mobilidade

Axudas de inclusión social (AIS)

Axudas de Urxencia/Emerxencia Social

Servizo de axuda no fogar de dependencia

Estadías temporais en servizo residencial ou de supervisión e apoio puntual

Bolsas Municipais para comedor, material escolar e actividades extraescolares.

Prestacións de fomento do dereito á educación para estudos non universitarios (matrículas, materiais, desprazamento, manutención e outros gastos)

Bonobus na modalidade Carencia de Recursos

Exención municipal da cota de auga

Prestación municipal para o equipamento básico da vivienda

Prestacións municipais de habitabilidade e pobreza enerxética

Prestación municipal para cobertura de necesidades básicas

Prestacións municipais de saúde bucodental

Renda Municipal de Garantía Básica cidadá

Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA)

Ingreso Mínimo Vital (IMV)

Servizo de Información, Orientación e Valoración

Servizo de Atención Telemática

Servizo de Cita Previa co Punto de Atención de Servizos sociais

Canles de tramitación

Para a solicitude da cita é imprescindible a identificación da persoa para a que se precisa realizar a consulta ou trámite e que indique o seu lugar de residencia, para asignarlle os profesionais que correspondan nos distintos Puntos de Atención de Servizos Sociais.

De forma xeral, podes xestionar os teus trámites
cos Servizos Sociais a través destas canles:

Sede electrónica

Podes consultar aquí os trámites específicos e a documentación dispoñible na SEDE ELECTRÓNICA

Sede Electrónica do Concello de Santiago

Ao acceder,seleccione a unidade tramitadora:
C05.01.01 SERVIZOS SOCIAIS

Aquí tes un exempo:

Sede Electrónica da Xunta de Galicia