Servizos a veciñanza

Servizo de axuda no fogar de libre concorrencia

Ofrece un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu entorno habitual, cunha boa calidade de vida.

Atencións que ofrece: 

  1. Atencións de carácter persoal: asistencia para levantarse e deitarse, tarefas de coidado e hixiene persoal, vestiario, apoio na alimentación, apoio para mobilizacións e/ou apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia.
  2. Atencións de carácter doméstico e da vivenda: limpeza e mantemento básico, compra de alimentos e produtos de uso común, preparación de alimentos e/ou lavado e coidado de roupa e enxoval doméstico.
  3. Acompañamento persoal na realización doutras actividades necesarias da vida diaria: como apoio en trámites urxentes de carácter administrativo, xudicial, sanitario, etc.
  4. Atencións de carácter psicosocial e educativo enfocadas ao desenvolvemento das capacidades persoais básicas, á mellora da convivencia, integración na comunidade e mellora da estrutura familiar.
  5. Servizos de carácter complementario: préstamos de axudas técnicas, podoloxía e/ou perruquería.

Unha vez garantido o nivel básico de atención poderá incorporar ademais actuacións complementarias dos seguintes tipos:

  • Actividades de acompañamento, socialización, e desenvolvemento de hábitos saudables.
  • Servizo de préstamo de axudas técnicas ou produtos de apoio para persoas en situación de dependencia ou dependencia temporal. 
  • Adaptacións funcionais do fogar.
  • Servizo de podoloxía.
  • Servizo de fisioterapia.
  • Terapia ocupacional.

Custo do Servizo

As persoas beneficiarias do servizo realizarán unha aportación económica ao custo do servizo en función da capacidade económica da unidade de convivencia da persoa solicitante, segundo a seguinte táboa

Capacidade económica da unidade de convivencia da persoa solicitante Participación no custe do servizo % prezo hora do servizo
Menor de 0,80 IPREM 0%
Maior de 0,80 e menor ou igual a 1 IPREM 10%
Maior de 1 e menor ou igual a 1,25 IPREM 15%
Maior de 1,25 e menor ou igual a 1,50 IPREM 20%
Maior de 1,50 e menor ou igual a 1,75 IPREM 30%
Maior de 1,75 e menor ou igual a 2 IPREM 40%
Maior de 2 e menor ou igual a 2,25 IPREM 60%
Maior de 2,25 e menor ou igual a 2,50 IPREM 70%
Maior de 2,50 IPREM 90%

Quen o pode solicitar?

Vai dirixido ás persoas con déficits de autonomía, con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu contorno inmediato, así como a fogares con menores en que se observe a necesidade dunha intervención socioeducativa

Requisitos específicos

  • Estar empadroado e residir no municipio de Santiago de Compostela.
  • Presentar a documentación esixida.
  • Ser valorado como recurso idóneo a aplicar pola unidade técnica de Servizos Sociais.

Como se realiza a tramitación?

Para realizar o trámite dende o Departamento municipal de Servizos Sociais do concello de Santiago de Compostela, débese pedir CITA PREVIA co/coa profesional de Traballo Social do PASS que corresponda segundo domicilio de residencia.

O día da cita é aconsellable aportar a seguinte documentación necesaria para a súa tramitación.

Documentación

  • Solicitude BS022
  • DNI/NIE da persoa interesada e dos restantes membros da unidade de convivencia maiores de idade (obrigatoria)
  • Tarxeta sanitaria das persoas susceptibles de ser beneficiarias do servizo
  • Informe das condición de saúde
  • Resolución de discapacidade e/ou dependencia (de selo caso)
  • Xustificantes de ingresos económicos de tódolos membros da unidade de convivencia procedentes de salarios, pensións, subsidios e/ou outros bens que posúan, por medio dalgunha da seguinte documentación: xustificante de pensión, prestación, subsidio, nómina, …
  • Xustificante de estar en situación de desemprego e de percepción ou non de prestacións, de ser o caso
  • Declaración da renda, ou no seu caso certificado negativo de imputacións do IRPF, no caso de non autorizar a súa consulta
  • Declaración de patrimonio, no caso de non autorizar a súa consulta, ou xustificante do valor catastral do patrimonio (recibo de IBI), no caso de non autorizar a súa consulta.
  • Xustificante do número de conta bancaria, con IBAN e a identificación da persoa titular
  • Documentación de representación de ser o caso: Documento de identidade de representante; Acreditación de representación

As solicitudes deberán ser valoradas por un/ha traballador/a social dos Servizos Sociais comunitarios do concello que, determinará a idoneidade do servizo, así como a intensidade recomendable para cada caso concreto.

Unha vez valorada a pertinencia do recurso, asinarase un acordo de servizo  entre a persoa usuaria e os Servizos Sociais, no cal se recollerá o contido particular das atencións que se prestarán, a programación temporal da prestación, a intensidade horaria e os compromisos de ambas as partes, incluíndo o compromiso de copagamento que corresponda

Data

En prazo

Onde se pode solicitar?

  • No Punto de Atención de Servicios Sociais do domicilio (PASS) de Cabes
  • No Punto de Atención de Servicios Sociais do domicilio (PASS) de Fontiñas
  • No Punto de Atención de Servicios Sociais do domicilio (PASS) de Conxo-Ensanche
  • No Punto de Atención de Servicios Sociais do domicilio (PASS) de Galeras

Outros trámites e xestón de Servizos Sociais

PAPIS

VITRASAN

Servizo municipal de Atención Inmediata (SMAI)

Programa municipal de Emerxencia

Bolsas municipais para sufragar gastos relacionados con medidas terapéuticas que apoien o desenvolvemento e o benestar persoal

Xantar na casa

Certificado do grao de discapacidade

Servizo de axuda no fogar de libre concorrencia

Servizo de educación e apoio familiar

Valoración da situación de dependencia

Servizo galego de apoio á mobilidade persoal (transporte adaptado)

Servizo de atención residencial para persoas en situación de dependencia

Programa municipal de inclusión social

Programa municipal de inclusión das persoas sen fogar

Libranza vinculada a servizo de atención residencial. (Bono autonomía en residencia)

Libranza para coidados no contorno familiar

Libranza para a asistencia persoal

Libranza para a adquisición dun servizo

Servizo Municipal de Urxencias Sociais: SEMUS COMPOSTELA

Prestacións complementarias á dependencia/discapacidade

Pensión non contributiva (PNC) de invalidez

Subsidio de mobilidade e gastos de transporte

Servizo de Teleasistencia Domiciliaria

Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda alugada

Pensión non Contributiva (PNC) de Xubilación

BONOTAXI: Axudas Individuais para o uso do Servizo de taxi para persoas con dificultades de mobilidade

Axudas de inclusión social (AIS)

Axudas de Urxencia/Emerxencia Social

Servizo de axuda no fogar de dependencia

Estadías temporais en servizo residencial ou de supervisión e apoio puntual

Bolsas Municipais para comedor, material escolar e actividades extraescolares.

Prestacións de fomento do dereito á educación para estudos non universitarios (matrículas, materiais, desprazamento, manutención e outros gastos)

Bonobus na modalidade Carencia de Recursos

Exención municipal da cota de auga

Prestación municipal para o equipamento básico da vivienda

Prestacións municipais de habitabilidade e pobreza enerxética

Prestación municipal para cobertura de necesidades básicas

Prestacións municipais de saúde bucodental

Renda Municipal de Garantía Básica cidadá

Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA)

Ingreso Mínimo Vital (IMV)

Servizo de Información, Orientación e Valoración

Servizo de Atención Telemática

Servizo de Cita Previa co Punto de Atención de Servizos sociais

Canles de tramitación

Para a solicitude da cita é imprescindible a identificación da persoa para a que se precisa realizar a consulta ou trámite e que indique o seu lugar de residencia, para asignarlle os profesionais que correspondan nos distintos Puntos de Atención de Servizos Sociais.

De forma xeral, podes xestionar os teus trámites
cos Servizos Sociais a través destas canles:

Sede electrónica

Podes consultar aquí os trámites específicos e a documentación dispoñible na SEDE ELECTRÓNICA

Sede Electrónica do Concello de Santiago

Ao acceder,seleccione a unidade tramitadora:
C05.01.01 SERVIZOS SOCIAIS

Aquí tes un exempo:

Sede Electrónica da Xunta de Galicia