Servizos a veciñanza

Renda Municipal de Garantía Básica cidadá

É unha prestación económica, extraordinaria, temporal e vencellada a un itinerario de inclusión cidadá, prevista para persoas en situación de vulnerabilidade social e/ou en situación ou risco de exclusión social.

Obxectivo

Que cada persoa poida facer real e efectivo o seu dereito a un nivel de vida adecuado que lle asegure, así como á súa familia, a saúde e o benestar, e en especial a alimentación, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e os servizos sociais necesarios.

Quen o pode solicitar?

Calquera persoa que o solicite e na cal concorran as seguintes condicions, que deberán reunirse no momento de presentar a solicitude e deberán manterse durante todo o período en que a persoa perceptora estea percibindo a renda municipal de garantía básica cidadá.

Condicións

  1. Presentar una situación de vulnerabilidade ou situación de risco ou exclusión social: Ter sido avaliada en situación de vulnerabilidade social e/ou en situación ou risco de exclusión social polos servizos sociais municipais.
  2. Residencia habitual, real e efectiva en Santiago de Compostela. Estar empadroado/a e ter domicilio real e efectivo no termo municipal de Santiago de Compostela cunha antigüidade mínima de seis (6) meses, inmediatamente anteriores e continuados á data de presentación da solicitude, agás as excepcións previstas na normativa autonómica de inclusión social vixente en cada momento.
  3. Ter 18 anos cumpridos ou estar emancipado ou emancipada, agás as excepcións previstas na normativa autonómica de inclusión social vixente en cada momento.
  4. Presentar dificultades para a cobertura de necesidades básicas e non dispor de recursos económicos suficientes na unidade de convivencia. O límite máximo de ingresos para poder solicitar a renda son:
    Nº MEMBROS UNIDADE DE CONVIVENCIA1 INGRESOS MÁXIMOS (% SOBRE IPREM) INGRESOS MÁXIMOS €
    1 100,00% 532,51 €
    2 110,00% 585,76 €
    3 120,00% 639,01 €
    4 130,00% 692,26 €
    5 140,00% 745,51 €
    6 ou máis 150,00% 798,77 €

    Consideraranse os ingresos da unidade de convivencia, derivados tanto do traballo como do capital, así como calquera outro substitutivo de aqueles.
    Considerarase o patrimonio da unidade de convivencia e os ingresos derivados deste. Inclúese no patrimonio o conxunto de bens e dereitos de contido económico dos que sexa titular ou perceptor calquera membro con dedución das cargas e gravames que diminúan o seu valor, así como as débedas e obrigas persoais das que deba responder. Exclúese para todo caso a vivenda habitual da unidade de convivencia.
    Non se considerarán como recursos económicos dos que dispón a unidade de convivencia os que seguen:

    1. Os ingresos non estables de escasa contía que unicamente resulten un complemento de supervivencia.
    2. Os ingresos de carácter finalista dirixidos á formación regulada.
    3. Os ingresos por asistencia a cursos de formación non regulada, sempre que pola súa natureza e menor contía se deduza que só remuneran os gastos de asistencia ao curso ou incentivan a formación.
    4. Os ingresos dirixidos a paliar situacións de emerxencia social.
    5. As prestacións familiares por fillo ou filla menor a cargo xeradas polas persoas integrantes da unidade de convivencia.
    6. As prestacións económicas e libranzas derivadas da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia.
  5. Ter constituída de feito unha unidade de convivencia independente.
  6. Acreditar a escolarización e asistencia regular ao centro escolar dos/as menores da unidade de convivencia que estean en idade de escolarización obrigatoria.
  7. Comprometerse a participar activamente a unidade de convivencia no itinerario de inclusión cidadá que deseñen os servizos sociais municipais nos termos previstos nel e durante toda a duración deste.

É compatible con outras prestacións?

  • RISGA / NON COMPATIBLE
  • PENSIÓN NON CONTRIBUTIVA (PNC) / NON COMPATIBLE
  • PRESTACIÓNS OU PENSIÓNS SUPERIORES Á RISGA OU PNC / NON COMPATIBLE
  • INGRESOS, PENSIÓNS E PRESTACIÓNS INFERIORES Á PNC / COMPATIBLE
  • INGRESOS, PENSIÓNS E PRESTACIÓNS DOUTROS MEMBROS DA UNIDADE DE CONVIVENCIA / COMPATIBLE
  • PRESTACIÓNS DE RESCATE SOCIAL PARA A COBERTURA DE NECESIDADES BÁSICAS / NON COMPATIBLE
  • PRESTACIÓNS DE RESCATE SOCIAL (RESTO) / COMPATIBLE

Como se realiza la tramitación?

A solicitude presentarase en calquera día do ano nos modelos formalizados establecidos polo Concello de Santiago de Compostela, achegando a documentación correspondente, preferentemente por sede electrónica.
Pódese concertar cita cos Servicios Sociais Municipais a través do Servizo de CITA PREVIA ou dirixíndose a solicitala ao PASS (Punto de atención de Servizos Sociais) de referencia.
Os servizos sociais municipais avaliarán, previos os traballos técnicos oportunos, se se dá ou non a situación de risco ou exclusión social e elaborarán o itinerario de inclusión cidadá previsto nesta ordenanza.

Duración

O procedemento terá unha duración máxima de tres (3) meses dende a solicitude, podendo de oficio ou a petición de persoa interesada solicitarse unha ampliación de prazos nos termos previstos na normativa administrativa xeral vixente en cada momento.

Documentación

  • Certificado de empadroamento da solicitante, sen prexuízo das restantes alternativas previstas pola normativa vixente en cada momento.
  • Documento de identidade ou certificación literal de nacemento, sen prexuízo das restantes formas de acreditación previstas pola normativa vixente en cada momento.
  • Acreditación da unidade de convivencia:
    1. en canto á composición de membros da unidade de convivencia, calquera documento previsto pola normativa vixente
    2. en canto á identidade dos membros da unidade de convivencia, calquera documento previsto pola normativa vixente
  • Acreditación das circunstancias económicas da unidade de convivencia:
    • Último recibo emitido do IBI e IVTM (no caso de ser titulares de bens), e últimas declaracións fiscais presentadas de IRPF e Imposto sobre o Patrimonio.
    • Copia do contrato de alugueiro ou do préstamo hipotecario, e os últimos xustificantes de pagamento.
    • Xustificación de ingresos de todas as persoas integrantes da unidade de convivencia relativo aos últimos tres meses anteriores á presentación da solicitude, en concreto e en relación con todos os membros da unidade de convivencia:
      • Informe de vida laboral.
      • ollas de salario.
      • Certificación de percibir ou non prestacións económicas por parte do Servizo Público de Emprego.
      • Certificación de percibir ou non prestacións ou pensións por parte da Seguridade Social.
      • Autorización ao Concello para acceder ós datos tributarios debidamente asinada por tódolos membros que formen parte da unidade familiar de convivencia ou certificación dos mesmos expedida pola axencia tributaria.
      • Extracto das entidades bancarias nas que confiasen as contas ou depósitos sobre os movementos banca- rios existentes nos tres (3) meses anteriores á solicitude.
      • Declaración xurada de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas polo mesmo concepto polas distintas administracións públicas competentes ou institucións privadas.
    • No caso de padecer enfermidade, informe médico emitido polo sistema público de saúde que acredite tal circunstancia.
    • Certificado de grao de discapacidade e/ou grao de dependencia, se é o caso.
    • Calquera outra documentación acreditativa da situación de necesidade determinante da solicitude.
    • Cando non se poidan acreditar documentalmente todos ou algúns destes documentos, declaración responsable de ingresos explicando os motivos concretos polos cales non se pode achegar cada documento concreto.
  • Certificación expedida polo centro escolar acreditativa da escolarización e asistencia regular a centro escolar dos/ as menores da unidade de convivencia que estean en idade de escolarización obrigatoria.
  • Resolución denegatoria, de suspensión ou de extinción da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA), ou pres- tación autonómica que a substitúa, ou, alternativamente, un informe dos servizos sociais municipais que acredite que non se cumpren os requisitos previstos polo artigo 12 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, de acordo coa información e documentación facilitada pola solicitante e recadada polos servizos sociais municipais.
  • Calquera outra documentación que se considere pertinente para avaliar a situación de vulnerabilidade social e/ou en situación ou risco de exclusión social, en particular a que acredite a pertenza a un colectivo considerado en situación de risco ou exclusión social pola normativa autonómica vixente en cada momento.
  • Informe social e compromiso inicial de participar no itinerario de inclusión cidadá que se redactará conxuntamente entre os servizos sociais municipais e a persoa solicitante mais os membros da súa unidade de convivencia.

Estes documentos, nos máis dos casos, poderán ser pedidos e tramitados directamente polo Concello se a persoa solicitante quere autorizalo

Data

En calquera momento.

Onde se pode solicitar?

Outros trámites e xestón de Servizos Sociais

PAPIS

VITRASAN

Servizo municipal de Atención Inmediata (SMAI)

Programa municipal de Emerxencia

Bolsas municipais para sufragar gastos relacionados con medidas terapéuticas que apoien o desenvolvemento e o benestar persoal

Xantar na casa

Certificado do grao de discapacidade

Servizo de axuda no fogar de libre concorrencia

Servizo de educación e apoio familiar

Valoración da situación de dependencia

Servizo galego de apoio á mobilidade persoal (transporte adaptado)

Servizo de atención residencial para persoas en situación de dependencia

Programa municipal de inclusión social

Programa municipal de inclusión das persoas sen fogar

Libranza vinculada a servizo de atención residencial. (Bono autonomía en residencia)

Libranza para coidados no contorno familiar

Libranza para a asistencia persoal

Libranza para a adquisición dun servizo

Servizo Municipal de Urxencias Sociais: SEMUS COMPOSTELA

Prestacións complementarias á dependencia/discapacidade

Pensión non contributiva (PNC) de invalidez

Subsidio de mobilidade e gastos de transporte

Servizo de Teleasistencia Domiciliaria

Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda alugada

Pensión non Contributiva (PNC) de Xubilación

BONOTAXI: Axudas Individuais para o uso do Servizo de taxi para persoas con dificultades de mobilidade

Axudas de inclusión social (AIS)

Axudas de Urxencia/Emerxencia Social

Servizo de axuda no fogar de dependencia

Estadías temporais en servizo residencial ou de supervisión e apoio puntual

Bolsas Municipais para comedor, material escolar e actividades extraescolares.

Prestacións de fomento do dereito á educación para estudos non universitarios (matrículas, materiais, desprazamento, manutención e outros gastos)

Bonobus na modalidade Carencia de Recursos

Exención municipal da cota de auga

Prestación municipal para o equipamento básico da vivienda

Prestacións municipais de habitabilidade e pobreza enerxética

Prestación municipal para cobertura de necesidades básicas

Prestacións municipais de saúde bucodental

Renda Municipal de Garantía Básica cidadá

Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA)

Ingreso Mínimo Vital (IMV)

Servizo de Información, Orientación e Valoración

Servizo de Atención Telemática

Servizo de Cita Previa co Punto de Atención de Servizos sociais

Canles de tramitación

Para a solicitude da cita é imprescindible a identificación da persoa para a que se precisa realizar a consulta ou trámite e que indique o seu lugar de residencia, para asignarlle os profesionais que correspondan nos distintos Puntos de Atención de Servizos Sociais.

De forma xeral, podes xestionar os teus trámites
cos Servizos Sociais a través destas canles:

Sede electrónica

Podes consultar aquí os trámites específicos e a documentación dispoñible na SEDE ELECTRÓNICA

Sede Electrónica do Concello de Santiago

Ao acceder,seleccione a unidade tramitadora:
C05.01.01 SERVIZOS SOCIAIS

Aquí tes un exempo:

Sede Electrónica da Xunta de Galicia