Servizos a veciñanza

Programa municipal de inclusión das persoas sen fogar

Que servizos ofrece?

É un programa dirixido á Intervención específica coas persoas en situación de senfogarismo en Santiago de Compostela, coa finalidade de dotalas de recursos para recuperar a autonomía persoal e a inclusión social, dende o respecto á diferencia.

Recursos/atencións

  1. SEMUS Compostela: Servizo Municipal de Atención en Emerxencias Sociais. Servizo, conveniado con Cruz Vermella, que atende os 365 días do ano, as persoas que se atopen en situación de necesidade ou urxencia social. Se queres máis información entra neste enlace.
  2. Programa de pensións: programa conveniado con Cruz Vermella, que pretende ofrecer aloxamento ás persoas en situación de senfogarismo, que se incorporan a un itinerario de inclusión social asinado con ambas entidades (Cruz Vermella e Servizos Sociais).
  3. Vivendas de transición: o concello de Santiago de Compostela dispón de catro vivendas de transición, cunha xestión indirecta, a través de convenios de colaboración asinados con entidades sociais da cidade.

O concello de Santiago de Compostela mantén unha liña de colaboración coas principais entidades sociais da cidade, a través da firma de Convenios de colaboración, co obxecto de garantir prestacións básicas de aloxamento, alimentación e cobertura de demais necesidades primarias . Se queres máis información entra neste enlace.

Quen o pode solicitar?

As persoas que se atopen nunha situación de senfogarismo no termo municipal de Santiago de Compostela.

Como se realiza a tramitación?

Pódese acceder ao programa por dúas vías, a través da solicitude directa da persoa interesada nos servizos sociais municipais para o que debe pedir CITA PREVIA co/coa profesional de Traballo Social ou cos profesionais das entidades sociais do municipio.

Prazo

En calquera momento.

Onde se pode solicitar?

Outros trámites e xestón de Servizos Sociais

PAPIS

VITRASAN

Servizo municipal de Atención Inmediata (SMAI)

Programa municipal de Emerxencia

Bolsas municipais para sufragar gastos relacionados con medidas terapéuticas que apoien o desenvolvemento e o benestar persoal

Xantar na casa

Certificado do grao de discapacidade

Servizo de axuda no fogar de libre concorrencia

Servizo de educación e apoio familiar

Valoración da situación de dependencia

Servizo galego de apoio á mobilidade persoal (transporte adaptado)

Servizo de atención residencial para persoas en situación de dependencia

Programa municipal de inclusión social

Programa municipal de inclusión das persoas sen fogar

Libranza vinculada a servizo de atención residencial. (Bono autonomía en residencia)

Libranza para coidados no contorno familiar

Libranza para a asistencia persoal

Libranza para a adquisición dun servizo

Servizo Municipal de Urxencias Sociais: SEMUS COMPOSTELA

Prestacións complementarias á dependencia/discapacidade

Pensión non contributiva (PNC) de invalidez

Subsidio de mobilidade e gastos de transporte

Servizo de Teleasistencia Domiciliaria

Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda alugada

Pensión non Contributiva (PNC) de Xubilación

BONOTAXI: Axudas Individuais para o uso do Servizo de taxi para persoas con dificultades de mobilidade

Axudas de inclusión social (AIS)

Axudas de Urxencia/Emerxencia Social

Servizo de axuda no fogar de dependencia

Estadías temporais en servizo residencial ou de supervisión e apoio puntual

Bolsas Municipais para comedor, material escolar e actividades extraescolares.

Prestacións de fomento do dereito á educación para estudos non universitarios (matrículas, materiais, desprazamento, manutención e outros gastos)

Bonobus na modalidade Carencia de Recursos

Exención municipal da cota de auga

Prestación municipal para o equipamento básico da vivienda

Prestacións municipais de habitabilidade e pobreza enerxética

Prestación municipal para cobertura de necesidades básicas

Prestacións municipais de saúde bucodental

Renda Municipal de Garantía Básica cidadá

Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA)

Ingreso Mínimo Vital (IMV)

Servizo de Información, Orientación e Valoración

Servizo de Atención Telemática

Servizo de Cita Previa co Punto de Atención de Servizos sociais

Canles de tramitación

Para a solicitude da cita é imprescindible a identificación da persoa para a que se precisa realizar a consulta ou trámite e que indique o seu lugar de residencia, para asignarlle os profesionais que correspondan nos distintos Puntos de Atención de Servizos Sociais.

De forma xeral, podes xestionar os teus trámites
cos Servizos Sociais a través destas canles:

Sede electrónica

Podes consultar aquí os trámites específicos e a documentación dispoñible na SEDE ELECTRÓNICA

Sede Electrónica do Concello de Santiago

Ao acceder,seleccione a unidade tramitadora:
C05.01.01 SERVIZOS SOCIAIS

Aquí tes un exempo:

Sede Electrónica da Xunta de Galicia