Que é o programa municipal de emerxencia?
É un programa municipal destinado á adquisición de produtos de primeira necesidade a persoas ou familias que, de xeito puntual, se atopen nunha situación de emerxencia ou de urxencia social: adquisición de alimentos non perecedoiros, alimentos perecedoiros, produtos de hixiene persoal, produtos para a hixiene da vivenda, roupa e menaxe para a casa, vestiario persoal, entre outros. A adquisición destes produtos sempre será realizada por persoal técnico do Departamento municipal de Servizos Sociais, previa valoración individualizada de cada situación, e entregado no domicilio que sexa sinalado no momento da devandita adquisición.
Título
Persoas e/ou familias que, de xeito puntual, se atopen nunha situación de emerxencia ou de urxencia social, cunha situación económica deficitaria. Considérase situación económica carencial aquela que teñan ingresos inferiores ao Salario Mínimo Interprofesional, incrementado nun 10 % por cada membro adicional da unidade de convivencia.
Este recurso municipal é sempre subsidiario con respecto a outros servizos públicos e require valoración previa do persoal técnico do Departamento de Servizos Sociais do concello de Santiago de Compostela.
Título
A este programa só se poderá acceder previa valoración de calquera dos profesionais do Departamento municipal de Servizos Sociais Comunitarios.

