Esta prestación está destinada a cubrir as necesidades básicas de carácter xeral indispensables para a vida diaria, tales como, entre outras,:
- Alimentación diaria,
- Vestido,
- Aloxamento e habitación:
- Gastos asociados a alugueiro de vivenda, pagamento da cota de préstamo hipotecario da vivenda ou pagamento da habitación en vivenda compartida ou similares.
- Axudas asociadas ao contrato de nova vivenda en alugueiro, cando supoña un desembolso inicial extraordinario.
Os gatos cubertos serán os da vivenda que sexa residencia habitual, real e efectiva de quen a solicita, e sempre que estea situada dentro do termo municipal de Santiago de Compostela.
- Coidados básicos das persoas da unidade de convivencia.
Quen o pode solicitar?
Persoas que estean empadroadas no concello de Santiago de Compostela con tres (3) meses de anterioridades á data de solicitude.
Excepcionalmente aquelas persoas nas que, aínda que non cumpran todos os requisitos esixidos, concorran circunstancias especiais das que se poidan derivar para ela ou para as persoas da súa unidade de convivencia unha situación de extrema necesidade que poña en perigo o dereito á vida, á integridade física ou moral ou á saúde. Neste caso, incorporarase ao expediente un informe técnico no que se xustificará a concorrencia destas circunstancias.
As persoas que a queran solicitar deberan cumprir as seguintes condicións:
- Ter sido avaliada/o en situación de vulnerabilidade social e/ou en situación ou risco de exclusión social polos servizos sociais municipais.
- Ter residencia habitual, real e efectiva en Santiago de Compostela. Estar empadroado/a e ter domicilio real e efectivo no termo municipal de Santiago de Compostela cunha antigüidade mínima de seis (3) meses, de anterioridade a data de solitud
- Límite de recursos da unidade de convivencia:
Nº PERSOAS DA UNIDADE DE CONVIVENCIA | CONTÍA BASE (% SOBRE IPREM |
---|---|
1 | 100,00% |
2 | 110,00% |
3 | 120,00% |
4 | 130,00% |
5 | 140,00% |
6 ou máis | 150,00% |
- Ter 18 anos cumpridos ou estar emancipado ou emancipada, agás as excepcións previstas na normativa autonómica de inclusión social vixente en cada momento.
- Ter constituída de feito unha unidade de convivencia independente.
- Acreditar a escolarización e asistencia regular ao centro escolar dos/as menores da unidade de convivencia que estean en idade de escolarización obrigatoria.
- Comprometerse a participar activamente a unidade de convivencia no itinerario de inclusión cidadá que deseñen os servizos sociais municipais nos termos previstos nel e durante toda a duración deste.
É compatible con otras prestacións?
- RISGA / NON COMPATIBLE
- AXUDAS DE INSERCIÓN SOCIAL (AIS) / COMPATIBLE SE NON TEN A MESMA FINALIDADE
- OUTROS INGRESOS PARA A MESMA FINALIDADE / NON COMPATIBLE
- RENDA DE GARANTÍA BÁSICA CIDADÁ / NON COMPATIBLE
- PRESTACIÓNS DE RESCATE SOCIAL (RESTO) / COMPATIBLE
Contía máxima a aboar
Alugueiro de vivenda, pagamento da cota de préstamo hipotecario da vivenda ou pagamento da habitación en vivenda compartida ou similar
- 75% do gasto mensual de aloxamento, ata o importe máximo do 100% do IPREM. Excepcionalmente poderase aboar o 100% ata o importe máximo do 100%
- A duración desta prestación non poderá ser superior a seis (6) meses, nun período de doce (12) meses.
Formalización de contrato de nova vivenda en alugueiro
- Aboarase un pagamento único do 100% ata o máximo do 75% do IPREM
- Só poderase conceder unha prestación por este concepto nun período de 3 anos.
Otras necesidades básicas (alimentación diaria, vestido e coidados básicos):
- A contía total mensual a abonar non excederá de:
Nº MEMBROS UNIDADE DE CONVIVENCIA | CONTÍA MÁXIMA A PERCIBIR (% SOBRE IPREM) |
---|---|
1 | 100,00% |
2 | 110,00% |
3 | 120,00% |
4 | 130,00% |
5 | 140,00% |
6 ou máis | 150,00% |
Esta prestación poderá darse ata un máximo de seis (6) veces por cada unidade de convivencia e ano natural.
Como se realiza a tramitación
A solicitude presentarase en calquera día do ano nos modelos formalizados establecidos polo Concello de Santiago de Compostela, achegando a documentación correspondente, preferentemente por sede electrónica.
Pódese concertar cita cos Servicios Sociais Municipais a través do Servizo de CITA PREVIA ou dirixíndose a solicitala ao PASS (Punto de atención de Servizos Sociais) de referencia.
Documentación
- Certificado de empadroamento da solicitante, sen prexuízo das restantes alternativas previstas pola normativa vixente en cada momento.
- Documento de identidade ou certificación literal de nacemento, sen prexuízo das restantes formas de acreditación previstas pola normativa vixente en cada momento.
- Acreditación da unidade de convivencia:
- en canto á composición de membros da unidade de convivencia, calquera documento previsto pola normativa vixente
- en canto á identidade dos membros da unidade de convivencia, calquera documento previsto pola normativa vixente
- Acreditación das circunstancias económicas da unidade de convivencia:
- Último recibo emitido do IBI e IVTM (no caso de ser titulares de bens), e últimas declaracións fiscais presentadas de IRPF e Imposto sobre o Patrimonio.
- Copia do contrato de alugueiro ou do préstamo hipotecario, e os últimos xustificantes de pagamento.
- Xustificación de ingresos de todas as persoas integrantes da unidade de convivencia relativo aos últimos tres meses anteriores á presentación da solicitude, en concreto e en relación con todos os membros da unidade de convivencia:
- Informe de vida laboral.
- Follas de salario.
- Certificación de percibir ou non prestacións económicas por parte do Servizo Público de Emprego.
- Certificación de percibir ou non prestacións ou pensións por parte da Seguridade Social.
- Autorización ao Concello para acceder ós datos tributarios debidamente asinada por tódolos membros que formen parte da unidade familiar de convivencia ou certificación dos mesmos expedida pola axencia tributaria.
- Extracto das entidades bancarias nas que confiasen as contas ou depósitos sobre os movementos banca- rios existentes nos tres (3) meses anteriores á solicitude.
- Declaración xurada de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas polo mesmo concepto polas distintas administracións públicas competentes ou institucións privadas.
- No caso de padecer enfermidade, informe médico emitido polo sistema público de saúde que acredite tal circunstancia.
- Certificado de grao de discapacidade e/ou grao de dependencia, se é o caso.
- Calquera outra documentación acreditativa da situación de necesidade determinante da solicitude.
- Cando non se poidan acreditar documentalmente todos ou algúns destes documentos, declaración responsable de ingresos explicando os motivos concretos polos cales non se pode achegar cada documento concreto.
- Certificación expedida polo centro escolar acreditativa da escolarización e asistencia regular a centro escolar dos/ as menores da unidade de convivencia que estean en idade de escolarización obrigatoria.
- Resolución denegatoria, de suspensión ou de extinción da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA), ou pres- tación autonómica que a substitúa, ou, alternativamente, un informe dos servizos sociais municipais que acredite que non se cumpren os requisitos previstos polo artigo 12 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, de acordo coa información e documentación facilitada pola solicitante e recadada polos servizos sociais municipais.
- Calquera outra documentación que se considere pertinente para avaliar a situación de vulnerabilidade social e/ou en situación ou risco de exclusión social, en particular a que acredite a pertenza a un colectivo considerado en situación de risco ou exclusión social pola normativa autonómica vixente en cada momento.
- Informe social municipal e compromiso inicial de participar no itinerario de inclusión cidadá que se redactará conxuntamente entre os servizos sociais municipais e a persoa solicitante mais os membros da súa unidade de convivencia.
- Para a solicitude de gastos asociados a alugueiro de vivenda, pagamento da cota de préstamo hipotecario da vivenda ou pagamento da habitación en vivenda compartida ou similares, e axudas asociadas ao contrato de nova vivenda en alugueiro cando supoña un desem bolso inicial extraordinario, que deberán ser acreditados por medio da súa documentación específica.
Estes documentos, nos máis dos casos, poderán ser pedidos e tramitados directamente polo Concello se a persoa solicitante quere autorizalo