Servizos a veciñanza

Pensión non contributiva (PNC) de invalidez

Prestación económica individual de carácter periódico (mensual) que asegura a tódalas persoas en situación de invalidez e en estado de necesidade unha prestación económica, asistencia médico-farmacéutica gratuíta e servizos socias complementarios, aínda que non se teña cotizado ou se cotizara de xeito insuficiente para acadar o dereito a unha pensión contributiva.

Contía das axudas

É fixada anualmente polo goberno e varían segundo a capacidade económica da persoa e da súa unidade de convivencia. Máis información no Punto de Atención de Servizos Sociais que corresponda por zona de residencia.

Quen o pode solicitar?

  • Cidadáns españois e nacionais doutros países, con residencia legal en España que cumpren os seguintes requisitos:
  • Ser maior de idade e menor de 65 anos.
  • Residir legalmente en territorio español polo menos 5 anos dende que naceu dos cales 2 deben ser consecutivos e inmediatamente anteriores á data da solicitude.
  • Persoas nacionais da Unión Europea que totalicen o período de residencia mencionado no apartado anterior no territorio de calquera estado membro.
  • Ter unha discapacidade ou enfermidade crónica en grao igual ou superior ao 65%.
  • Carecer de rendas ou ingresos suficientes inferiores ao importe da pensión.
  • Que os ingresos ou rendas da unidade de convivencia non superen o límite de acumulación de recursos computado do seguinte xeito:
    • Solicitante que vive con familiares unidos por matrimonio ou parentesco de consanguinidade de segundo grao: o límite equivale á contía, en cómputo anual, da pensión máis o resultado de multiplicar o 70% desta polo nº de convivintes menos un.
    • Solicitante que vive con familiares de primeiro grao de consanguindade: o límite equivale á contía calculada anteriormente multiplicada por 2,5.

Como se realiza a tramitación?

Para realizar o trámite dende o Departamento municipal de Servizos Sociais do concello de Santiago de Compostela, débese pedir CITA PREVIA co/coa profesional de Traballo Social do PASS que corresponda segundo domicilio de residencia.

O día da cita é aconsellable aportar a seguinte documentación necesaria para a súa tramitación.

Documentación

  • Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
  • Copia do DNI ou NIE das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade no Anexo II.
  • Certificado de residencia da persoa solicitante e das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de denegar a súa consulta.
  • Acreditación de residir legalmente en España durante cinco anos, dos cales dous serán inmediatamente anteriores á data da solicitude.
  • Certificado de convivencia, só no caso de denegar a súa consulta.
  • Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas da persoa solicitante e das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de denegar a súa consulta.
  • Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao da persoa solicitante, cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta ou cando este fora emitido por outra comunidade autónoma.
  • Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao das persoas que integran a unidade familiar , cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II ou cando este fora emitido por outra comunidade autónoma.
  • Copia da declaración da renda ou datos fiscais relativos ao último exercicio da persoa solicitante e das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de denegar a súa consulta.

Prazo

En prazo

Onde se pode solicitar?

Outros trámites e xestón de Servizos Sociais

PAPIS

VITRASAN

Servizo municipal de Atención Inmediata (SMAI)

Programa municipal de Emerxencia

Bolsas municipais para sufragar gastos relacionados con medidas terapéuticas que apoien o desenvolvemento e o benestar persoal

Xantar na casa

Certificado do grao de discapacidade

Servizo de axuda no fogar de libre concorrencia

Servizo de educación e apoio familiar

Valoración da situación de dependencia

Servizo galego de apoio á mobilidade persoal (transporte adaptado)

Servizo de atención residencial para persoas en situación de dependencia

Programa municipal de inclusión social

Programa municipal de inclusión das persoas sen fogar

Libranza vinculada a servizo de atención residencial. (Bono autonomía en residencia)

Libranza para coidados no contorno familiar

Libranza para a asistencia persoal

Libranza para a adquisición dun servizo

Servizo Municipal de Urxencias Sociais: SEMUS COMPOSTELA

Prestacións complementarias á dependencia/discapacidade

Pensión non contributiva (PNC) de invalidez

Subsidio de mobilidade e gastos de transporte

Servizo de Teleasistencia Domiciliaria

Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda alugada

Pensión non Contributiva (PNC) de Xubilación

BONOTAXI: Axudas Individuais para o uso do Servizo de taxi para persoas con dificultades de mobilidade

Axudas de inclusión social (AIS)

Axudas de Urxencia/Emerxencia Social

Servizo de axuda no fogar de dependencia

Estadías temporais en servizo residencial ou de supervisión e apoio puntual

Bolsas Municipais para comedor, material escolar e actividades extraescolares.

Prestacións de fomento do dereito á educación para estudos non universitarios (matrículas, materiais, desprazamento, manutención e outros gastos)

Bonobus na modalidade Carencia de Recursos

Exención municipal da cota de auga

Prestación municipal para o equipamento básico da vivienda

Prestacións municipais de habitabilidade e pobreza enerxética

Prestación municipal para cobertura de necesidades básicas

Prestacións municipais de saúde bucodental

Renda Municipal de Garantía Básica cidadá

Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA)

Ingreso Mínimo Vital (IMV)

Servizo de Información, Orientación e Valoración

Servizo de Atención Telemática

Servizo de Cita Previa co Punto de Atención de Servizos sociais

Canles de tramitación

Para a solicitude da cita é imprescindible a identificación da persoa para a que se precisa realizar a consulta ou trámite e que indique o seu lugar de residencia, para asignarlle os profesionais que correspondan nos distintos Puntos de Atención de Servizos Sociais.

De forma xeral, podes xestionar os teus trámites
cos Servizos Sociais a través destas canles:

Sede electrónica

Podes consultar aquí os trámites específicos e a documentación dispoñible na SEDE ELECTRÓNICA

Sede Electrónica do Concello de Santiago

Ao acceder,seleccione a unidade tramitadora:
C05.01.01 SERVIZOS SOCIAIS

Aquí tes un exempo:

Sede Electrónica da Xunta de Galicia