Que é PAPIS?
O Programa de atención psicolóxica de inclusión en Santiago (en adiante, PAPIS) xurde da necesidade de dar resposta á necesidade crecente de apoio e intervención psicolóxica manifestada tanto polas persoas usuarias do departamento, como polas profesionais dos diferentes programas de intervención social que detectan a necesidade de traballar coas persoas aspectos derivados da súa historia de vida e/ou situación actual dun xeito cualificado, para poder así ofertar unha atención integral e acadar a consecución dos itinerarios personalizados.
Persoas interesadas
A poboación destinataria do PAPIS son aquelas persoas e/ou unidades familiares usuarias dos Servizos Sociais que requiran de apoio puntual ou intervención continuada para a xestión emocional de situacións de dificultade a nivel persoal ou familiar.
Tramitación
Intervención propia dos Servizos Sociais Comunitarios de Santiago de Compostela en materia de inclusión social.

