Libranza vinculada a servizo de atención residencial. (Bono autonomía en residencia)

Persoas dependentes

Que servizos ofrece?

Contribúe a sufragar parte do custo dunha praza de residencia nun centro de titularidade privada da elección da persoa en situación de dependencia, mentres agarda, se así o desexa, pola súa incorporación a unha praza pública.

Quen o pode solicitar?

As persoas que estean recoñecidas en situación de dependencia, cun Proxecto individualizado de Atención (PIA) aprobado, no que se sinale como modalidade máis adecuada de intervención o servizo de atención residencial e que estean á espera da asignación dunha praza pública, sen percibir ningún outro recurso e que soliciten o bono/libranza vinculada ao servizo.

Como se realiza a tramitación?

Para efectuar esta tramitación a través do concello é necesario que concerte cita previa co teléfono de CITA PREVIA de Servizos Sociais.
Acuda ao Punto de Atención de Servizos Sociais que corresponda polo domicilio con cita previa.

Prazo

En calquera momento.

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local