Exención municipal da cota de auga

Inclusión social | Infancia e familia | Poboación en xeral

As persoas beneficiarias estarán exentas do pago da cota mínima polo mantenimiento do servizo de auga, saneamento e lixo.

Quen o pode solicitar?

  • Persoas empadroadas no concello de Santiago de Compostela
  • Persoas que na súa unidade familiar, teñan uns ingresos anuais percápita inferiores ao indicador de rendas de efectos múltiples vixente (IPREM) ou índice que o substitúa, por un período de 6 meses dentro do ano natural
  • Mulleres embarazadas que polas súas circunstancias persoais se atopen soas ou estean integradas en familias con risco de exclusión social ou con especiais dificultades para o exercicio das responsabilidades parentais, dende a data da concesión ata que o menor cumpra 3 anos de idade.

Documentación

  • DNI-NIF/NIE da persoa solicitante
  • DNI-NIF/NIE do representante, se procede<7li>
  • Acreditación da representación, se procede (marcar no Anexo 1 os documentos achegados)
  • Fotocopia do último recibo de auga.
  • Xustificantes económicos de toda a unidade familiar de convivencia.
  • Como se realiza a tramitación?

    Pódese acudir á oficina en materia de rexistro que corresponda: Rexistro auxiliar de Atención ao Contribuínte. Rúa do Presidente Salvador Allende, 4-6 baixo
    Teléfonos: 881599977 / 981542384
    E-mailatencionaocontribuinte@santiagodecompostela.gal

    Prazo

    En calquera momento.

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local