Servizos a veciñanza

Estadías temporais en servizo residencial ou de supervisión e apoio puntual

Este programa ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas coidadoras e das persoas dependentes con necesidade atención continuada que se encontren no seu domicilio
Permite o disfrute de estadías temporais por tempo limitado dun servizo residencial ou dun servizo de supervisión e apoio puntual prestado desde os equipamentos especiais.

Quen o pode soliicitar?

Poderase acceder a este servizo sempre que se cumpran as seguintes situacións:

  • Que a persoa coidadora non lle poida prestar á persoa dependente a atención axeitada por causa dunha enfermidade, un accidente ou unha intervención quirúrxica.
  • Que a persoa beneficiaria viva soa e precise dun período de convalecencia logo dunha enfermidade, un accidente ou unha intervención cirúrxica.
  • Necesidade dun período de descanso da persoa coidadora para evitar unha situación de esgotamento físico ou psíquico

Requisitos específicos

  • Ser persoa maior e/ou con discapacidade, e estar nunha situación de dependencia, estea ou non recoñecida formalmente.
  • Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Non requirir tratamento hospitalario.
  • Non padecer trastornos mentais ou condutuais graves, e non compensados, que poidan alterar a normal convivencia.
  • Non estar sancionado coa revogación da adxudicación da praza pública de xeito definitivo, conforme a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Como se realiza a tramitación

Para realizar o trámite dende o Departamento municipal de Servizos Sociais do concello de Santiago de Compostela, débese pedir CITA PREVIA co/coa profesional de Traballo Social do PASS que corresponda segundo o domicilio de residencia.

O día da cita é aconsellable aportar a seguinte documentación necesaria para a súa tramitación.

Documentación

  • Copia do DNI da persoa solicitante, no caso de que o/a interesado/a non autorice expresamente a comprobación dos datos por medio do acceso telemático ao SVI.
  • Acreditación da representación que se ten da persoa solicitante, se é o caso, e copia do DNI da persoa representante, no caso de que esta non autorice expresamente a comprobación telemática dos datos.
  • Certificado de empadroamento, emitido polo concello correspondente que acredite a residencia nun municipio da comunidade autónoma no momento de presentar a solicitude, no caso de que o/a interesado/a non autorice expresamente a comprobación dos datos por medio do acceso telemático.
  • Informe médico sobre o seu estado de saúde, en que se reflectirá se a persoa necesita ou non apoio para a realización das actividades da vida diaria. Indicarase a previsión de tempo necesario de atención.
  • Declaración responsable acerca do patrimonio da persoa solicitante 
  • Copia do DNI do cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou fillos/as menores de 25 anos ou maiores en situación de discapacidade, economicamente por conta da persoa solicitante, no caso de que non autoricen expresamente a comprobación dos datos por medio do acceso telemático 
  • Copia da declaración do IRPF correspondente ao último período en que se presente a solicitude, 
  • Certificado de toda clase de pensións percibidas polo cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou fillos/as menores de 25 anos ou maiores en situación de discapacidade, economicamente por conta da persoa solicitante, ou declaración xurada de non percibilas ou alternativamente autorización das anteriores persoas, así como declaración responsable do patrimonio das citadas persoas 

Data

As solicitudes deberán ser presentadas polo menos cun mes de antelación á data indicada para o seu ingreso no servizo, excepto nos casos de urxencia imprevisible en que non haberá prazo mínimo previo para a presentación da solicitude.

Onde se pode solicitar?

Outros trámites e xestón de Servizos Sociais

PAPIS

VITRASAN

Servizo municipal de Atención Inmediata (SMAI)

Programa municipal de Emerxencia

Bolsas municipais para sufragar gastos relacionados con medidas terapéuticas que apoien o desenvolvemento e o benestar persoal

Xantar na casa

Certificado do grao de discapacidade

Servizo de axuda no fogar de libre concorrencia

Servizo de educación e apoio familiar

Valoración da situación de dependencia

Servizo galego de apoio á mobilidade persoal (transporte adaptado)

Servizo de atención residencial para persoas en situación de dependencia

Programa municipal de inclusión social

Programa municipal de inclusión das persoas sen fogar

Libranza vinculada a servizo de atención residencial. (Bono autonomía en residencia)

Libranza para coidados no contorno familiar

Libranza para a asistencia persoal

Libranza para a adquisición dun servizo

Servizo Municipal de Urxencias Sociais: SEMUS COMPOSTELA

Prestacións complementarias á dependencia/discapacidade

Pensión non contributiva (PNC) de invalidez

Subsidio de mobilidade e gastos de transporte

Servizo de Teleasistencia Domiciliaria

Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda alugada

Pensión non Contributiva (PNC) de Xubilación

BONOTAXI: Axudas Individuais para o uso do Servizo de taxi para persoas con dificultades de mobilidade

Axudas de inclusión social (AIS)

Axudas de Urxencia/Emerxencia Social

Servizo de axuda no fogar de dependencia

Estadías temporais en servizo residencial ou de supervisión e apoio puntual

Bolsas Municipais para comedor, material escolar e actividades extraescolares.

Prestacións de fomento do dereito á educación para estudos non universitarios (matrículas, materiais, desprazamento, manutención e outros gastos)

Bonobus na modalidade Carencia de Recursos

Exención municipal da cota de auga

Prestación municipal para o equipamento básico da vivienda

Prestacións municipais de habitabilidade e pobreza enerxética

Prestación municipal para cobertura de necesidades básicas

Prestacións municipais de saúde bucodental

Renda Municipal de Garantía Básica cidadá

Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA)

Ingreso Mínimo Vital (IMV)

Servizo de Información, Orientación e Valoración

Servizo de Atención Telemática

Servizo de Cita Previa co Punto de Atención de Servizos sociais

Canles de tramitación

Para a solicitude da cita é imprescindible a identificación da persoa para a que se precisa realizar a consulta ou trámite e que indique o seu lugar de residencia, para asignarlle os profesionais que correspondan nos distintos Puntos de Atención de Servizos Sociais.

De forma xeral, podes xestionar os teus trámites
cos Servizos Sociais a través destas canles:

Sede electrónica

Podes consultar aquí os trámites específicos e a documentación dispoñible na SEDE ELECTRÓNICA

Sede Electrónica do Concello de Santiago

Ao acceder,seleccione a unidade tramitadora:
C05.01.01 SERVIZOS SOCIAIS

Aquí tes un exempo:

Sede Electrónica da Xunta de Galicia