Bono para facilitar a mobilidade dos/das cidadáns de Santiago de Compostela nos buses urbanos.
Quen o pode solicitar?
- Persoas empadroadas no termo municipal de Santiago de Compostela.
- Persoas cuns ingresos da unidade de convivencia inferiores ao SMI.
Documentación
Presentar a documentación descrita neste impreso.
A achegar polo interesado/a, común a todas as modalidades:
- DNI-NIF/NIE do solicitante
- DNI-NIF/NIE do representante, se procede
- Acreditación da representación, se procede (marcar no Anexo 1 os documentos achegados)
- Dúas fotografías tamaño carné en caso de nova solicitude e unha no suposto de renovación ou perda
Documentos específicos a presentar en cada modalidade
Xubilados e pensionistas menores de 65 anos:
- Copia da resolución de concesión da pensión emitida polo organismo público competente ou certificación expedida polaSeguridade Social na que se faga constar a condición de pensionista
- Xustificante da autoliquidación da taxa correspondente
Persoas con diversidade funcional:
- Copia da certificación na que se acredite o grao de discapacidade
- Xustificante da autoliquidación da taxa correspondente
Persoas con carencia de recursos:
- Certificado de convivencia
- Xustificante de ingresos da unidade familiar
- Copia da tarxeta de demandante de emprego actualizada
É requisito indispensábel para todas as modalidades estar empadroado neste Concello.
Como se realiza a tramitación?
As solicitudes deben presentarse presencialmente nas OFICINAS DA EMPRESA MUNICIPAL TUSSA.
Rúa de Clara Campoamor, s/n. C.P. 15702. Estación intermodal de Santiago de Compostela.
Teléfono: 981568210.
Dirixirse a este enlace para máis información sobre este recurso.
Prazo
En calquera momento.