Que é Vitrasan?
Vitrasan é un Programa de vivendas de transición en Santiago de Compostela iniciado no ano 2024, que complementa o traballo que se ven realizando en materia de senfogarismo. O obxectivo deste programa é o acompañamento e traballo diario coas persoas aloxadas en recursos residenciais procedentes de situación de rúa (vivendas de transición, pensións e/ou outros), co obxectivo de acadar a súa inclusión efectiva na comunidade.
Persoas interesadas
Persoas con traxectoria previa de senfogarismo que foron realoxadas.
Tramitación
Intervención propia dos Servizos Sociais Comunitarios de Santiago de Compostela en materia de senfogarismo.

