A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais preside o Consello municipal de Persoas Maiores e fai balance do funcionamento do Servizo de Axuda no Fogar: “Co novo contrato e grazas ao incremento do orzamento, acadamos acabar coas listas de agarda. No verán de 2023, tiñamos 140 persoas en espera, hoxe non hai lista de agarda na modalidade de libre concorrencia e na de dependencia, as altas non se demoran mais dunha semana“.