Ligazóns de interese

Portada » Ligazóns de interese

Documentación de interese

  • Documento:

    Ordenanza de garantía básica cidadá do concello de Santiago de Compostela (BOP de A Coruña, de 31 de agosto de 2016).

     

  • Documento:

    Ordenanza reguladora do servizo municipal de axuda no fogar do concello de Santiago de Compostela (BOP de A Coruña, de 7 de febreiro de 2014).

     

  • Documento:

    Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento (DOG nº 63, de 30 de marzo de 2012).

     

  • Documento:

    Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia (DOG nº 245, de 18 de decembro de 2008).

     

  • Documento:

    Ordenanza reguladora da Casa das Asociacións de Benestar Social (BOP de A Coruña, de 30 de abril de 2009).

     

  • Documento:

    Regulamento de funcionamento interno do Consello Municipal de Persoas Maiores do concello de Santiago de Compostela (BOP de A Coruña, de 7 de outubro de 2021)

     

Proxecto Big Social

O Concello de Santiago, a través da Concellería de Asuntos Sociais, impulsa un proxecto de innovación social que poida contribuír a mellorar a situación socioeconómica e loitar contra os distintos tipos de vulnerabilidade presentes na cidade, mediante a colaboración público-privada con axentes locais como son Cruz Vermella, Cáritas, a Fundación Secretariado Xitano, la Universidade de Santiago de Compostela, a empresa Viaqua e o seu centro tecnolóxico, Cetaqua Galicia.

Desta forma nace o proxecto Big Social Santiago, que ten como obxectivo analizar as diferentes situacións de vulnerabilidade social que hai na cidade a través do Big Data e desenvolver políticas e accións sociais personalizadas e cunha maior eficacia.

O proxecto emprega técnicas avanzadas de análises e procesado de datos públicos xeorreferenciados de variables que definen a vulnerabilidade, tales como a renda, o xénero, a idade ou a orixe, para obter a evolución das principais características socioeconómicas do municipio en forma de indicadores.

Con este proxecto, estase a crear unha ferramenta dixital de mapas dinámicos na que se visualizarán os resultados obtidos dos datos agrupados por áreas. Esta ferramenta facilitará o seguimento periódico de indicadores socioeconómicos do territorio as entidades sociais locais e permitirá axilizar o proceso de análise e a toma de decisións estratéxicas en materia de acción social.

Consello municipal de persoas maiores

O Concello de Santiago de Compostela aprobou no Pleno de 30 de Setembro de 2021 o Regulamento do Consello de Maiores de Santiago de Compostela, co obxectivo de impulsar iniciativas orientadas de cara a un envellecemento activo co fin de mellorar a vida das persoas.

Este órgano constituído en xaneiro de 2022, nace co obxectivo de garantir a presenza dos maiores na vida da cidade. O Consello formulará propostas, servirá de medio consultivo e colaborará en todo o relacionado con este sector de poboación coa administración local.
Esta nova iniciativa, impulsada pola Plataforma de Pensionistas de Santiago de Compostela, busca crear un espazo para o exercicio da democracia activa e como canle de comunicación entre os maiores de 65 anos e a administración local, que posibilite a súa plena participación na vida cidadá, política, económica, social e cultural.

Poderán formar parte da Consello todas aquelas entidades que o soliciten xa que a participación é aberta. Polo momento, forman parte deste órgano como vocais as seguintes entidades: Plataforma de Pensionistas de Compostela, Asociación Compostela Solidaria, Asociación para a Loita contra as Enfermidades do Ril (ALCER coruña), Fundación Down Compostela, Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer (AGADEA), Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, Federación de Asociacións Veciñais do Rural de Santiago (FERUSA), UGT e os Grupos Políticos Compostela Aberta, Grupo Popular de Santiago, PSOE e BNG.

Compostela Integra

COMPOSTELA INTEGRA é un espazo de encontro virtual para profesionais de distintos ámbitos que están a traballar en rede con algún dos dispositivos da Área de Acción Social do Concello de Santiago de Compostela.

Constitúese como unha ferramenta de traballo interno entre os compoñentes das distintas redes e nunha ponte de comunicación cara o exterior, que pretende informar á cidadanía das accións que se están levando a cabo e que poden resultar de interese para a súa vida cotiá.

Memoria anual de servizos sociais

Esta memoria pretende dar conta da xestión realizada dende o Centro Municipal de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Santiago de Compostela ao longo do ano 2023, facendo un recoñecemento especial a todo o equipo de profesionais que desempeñan a súa labor no mencionado departamento, preocupados sempre polo benestar social e pola protección das persoas máis vulnerables.

Descarga aquí o documento

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local