Que é o SMAI?
Descrición
O Servizo Municipal de Atención Inmediata (SMAI) nace como resposta á necesidade de garantir unha atención social urxente, eficaz e digna, nos casos de:
- Caídas no domicilio sen posibilidade de auxilio inmediato.
- Necesidade de traslado urxente a recurso residencial ou de acollida.
- Outras necesidades de mobilización valoradas e prescritas dende os Servizos Sociais Comunitarios Básicos..
Persoas interesadas
Este servizo está dirixido especialmente a:
- Persoas maiores que viven soas.
- Persoas con discapacidade ou dependencia sen rede de apoio.
- Situacións de caídas non sanitarias no fogar, sen rede de apoio suficiente.
- Persoas con enfermidades crónicas con risco de caídas e sen rede de apoio suficiente.
- Acompañamentos e traslados a centros residenciais ou outros recursos sociais, en supostos de emerxencia social, previamente valorados por persoal técnico do Departamento municipal de Servizos Sociais Comunitarios.
- Outro tipo de mobilizacións valoradas tecnicamente dende os Servizos Sociais Comunitarios do concello de Santiago de Compostela.
Tramitación
É un servizo dispoñible 24 horas / 365 días, que actuará a demanda do SEMUS Compostela (Servizo municipal de Urxencias Sociais) e/ou dos Servizos Sociais Comunitarios, resultando un complemento cualificado neste tipo de intervencións vitais, que se escapan da labor dos restantes profesionais do eido social, por carecer da formación oportuna nesta materia.
En ningún caso este servizo pode suplir as competencias que teñen atribuídas os dispositivos sanitarios, non realizando traslados nin a centros sanitarios nin mobilizacións nas que se valore que poida existir unha causa grave na saúde da persoa, requirindo nestes supostos a coordinación co 061 ou co 112 para a súa intervención cualificada. A actuación sempre se realizará cando non se prevea nin se valore unha causa sanitaria.

