Servizos a veciñanza

Bolsas municipais para sufragar gastos relacionados con medidas terapéuticas que apoien o desenvolvemento e o benestar persoal

Que son as bolsas municipais

Axudas económicas, de carácter individual, que concede o Concello de Santiago de Compostela a familias, residentes neste termo municipal, que seguen tratamentos privados polas dificultades e/ou trastornos da aprendizaxe ou de adaptación ao contorno, por non recibilos en servizos públicos ou porque recibíndoos, son insuficientes. Estas axudas están dirixidas a contribuír a financiar os gastos derivados do tratamento de:

  • Trastornos da aprendizaxe.
  • Trastornos da linguaxe.
  • Trastornos de conducta.
  • Estimulación temperá.
  • Altas capacidades intelectuais.
  • Terapia ocupacional

Igualmente, estas axudas tamén van dirixidas a contribuír a financiar os gastos derivados da adquisición de alimentos que foran elaborados especificamente para persoas afectadas por enfermidade celíaca (produtos específicos).

Interesados

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Ser persoas menores de idade.
  2. Estar empadroadas, e con residencia efectiva, no ámbito territorial do termo municipal de Santiago de Compostela e permanecer de alta no Padrón Municipal mentres perciban a axuda.
  3. Acreditar, mediante informe de profesional colexiado, a necesidade de tratamento periódico administrado en calquera centro especializado e/ou de estar afectado por enfermidade celíaca.
  4. Non superar a renda máxima familiar anual: 5 veces o IPREM anual (12 pagas).
  5. Non ser persoa beneficiaria doutra axuda ou prestación pública polo mesmo concepto.
  6. Estar ao corrente durante todo o período subvencionable, e ata o último trámite de xustificación, no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), co Concello de Santiago e coa Seguridade Social.
  7. Non incorrer en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Tramitación

As axudas poderán ser solicitadas no período de convocatoria anual polas persoas que consideren que reúnen os requisitos anteriores ou por quen exerza a súa representación.

A solicitude, irá acompañada da seguinte documentación:

  1. Impreso de solicitude cuberto e asinado pola persoa solicitante (titor/a, nai, pai, acolledor/a).
  2. DNI/NIE/pasaporte en vigor de cada membro da unidade familiar maior de idade.
  3. Libro de familia ou, de non o ter, da documentación oficial que o substitúa.
  4. Certificado bancario co código IBAN da conta na que desexa que ingresen a prestación no caso de que sexa concedida. (a nome da persoa solicitante da axuda).
  5. Informe de profesional colexiado que acredite a necesidade de tratamento periódico en centros especializados ou de estar diagnosticado de enfermidade celíaca.
  6. Declaración xurada na que se faga constar que a persoa non está sendo beneficiaria doutra prestación pública polo mesmo concepto.
  7. Dende o Servizo de Servizos Sociais poderase solicitar calquera outra documentación que se considere conveniente e aclaratoria para o procedemento.

Onde se pode solicitar?

  • No Punto de Atención de Servicios Sociais do domicilio (PASS) de Cabes
  • No Punto de Atención de Servicios Sociais do domicilio (PASS) de Fontiñas
  • No Punto de Atención de Servicios Sociais do domicilio (PASS) de Conxo-Ensanche
  • No Punto de Atención de Servicios Sociais do domicilio (PASS) de Galeras

Outros trámites e xestón de Servizos Sociais

PAPIS

VITRASAN

Servizo municipal de Atención Inmediata (SMAI)

Programa municipal de Emerxencia

Bolsas municipais para sufragar gastos relacionados con medidas terapéuticas que apoien o desenvolvemento e o benestar persoal

Xantar na casa

Certificado do grao de discapacidade

Servizo de axuda no fogar de libre concorrencia

Servizo de educación e apoio familiar

Valoración da situación de dependencia

Servizo galego de apoio á mobilidade persoal (transporte adaptado)

Servizo de atención residencial para persoas en situación de dependencia

Programa municipal de inclusión social

Programa municipal de inclusión das persoas sen fogar

Libranza vinculada a servizo de atención residencial. (Bono autonomía en residencia)

Libranza para coidados no contorno familiar

Libranza para a asistencia persoal

Libranza para a adquisición dun servizo

Servizo Municipal de Urxencias Sociais: SEMUS COMPOSTELA

Prestacións complementarias á dependencia/discapacidade

Pensión non contributiva (PNC) de invalidez

Subsidio de mobilidade e gastos de transporte

Servizo de Teleasistencia Domiciliaria

Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda alugada

Pensión non Contributiva (PNC) de Xubilación

BONOTAXI: Axudas Individuais para o uso do Servizo de taxi para persoas con dificultades de mobilidade

Axudas de inclusión social (AIS)

Axudas de Urxencia/Emerxencia Social

Servizo de axuda no fogar de dependencia

Estadías temporais en servizo residencial ou de supervisión e apoio puntual

Bolsas Municipais para comedor, material escolar e actividades extraescolares.

Prestacións de fomento do dereito á educación para estudos non universitarios (matrículas, materiais, desprazamento, manutención e outros gastos)

Bonobus na modalidade Carencia de Recursos

Exención municipal da cota de auga

Prestación municipal para o equipamento básico da vivienda

Prestacións municipais de habitabilidade e pobreza enerxética

Prestación municipal para cobertura de necesidades básicas

Prestacións municipais de saúde bucodental

Renda Municipal de Garantía Básica cidadá

Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA)

Ingreso Mínimo Vital (IMV)

Servizo de Información, Orientación e Valoración

Servizo de Atención Telemática

Servizo de Cita Previa co Punto de Atención de Servizos sociais

Canles de tramitación

Para a solicitude da cita é imprescindible a identificación da persoa para a que se precisa realizar a consulta ou trámite e que indique o seu lugar de residencia, para asignarlle os profesionais que correspondan nos distintos Puntos de Atención de Servizos Sociais.

De forma xeral, podes xestionar os teus trámites
cos Servizos Sociais a través destas canles:

Sede electrónica

Podes consultar aquí os trámites específicos e a documentación dispoñible na SEDE ELECTRÓNICA

Sede Electrónica do Concello de Santiago

Ao acceder,seleccione a unidade tramitadora:
C05.01.01 SERVIZOS SOCIAIS

Aquí tes un exempo:

Sede Electrónica da Xunta de Galicia

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local