Prestacións complementarias á dependencia/discapacidade

Persoas con discapacidade | Persoas dependentes

Darán cobertura aos gastos asociados ás axudas técnicas que precise unha persoa en situación de dependencia valorada pola administración competente.

Excepcionalmente, previa prescrición médica e informe social emitido polo traballador ou traballadora social de referencia, poderán darse axudas para próteses oculares ou auditivas por problema sanitario e non estético, diagnosticadas por facultativo do sistema público de Saúde.

Contía e límite temporal

Aboarase o 90 % do gasto ata o máximo do 175% do IPREM

Só se poderá conceder unha axuda por este concepto nun período de tres (3) anos.

Quen o pode solicitar?

  • Persoas que estean empadroadas no concello de Santiago de Compostela con tres (3) meses de anterioridades á data de solicitude
  • Persoas que estean valoradas en situación de dependencia pola administración.

Ademáis, as persoas que a queiran solicitar deberan cumprir as seguintes condicións: 

  • Ter sido avaliada/o en situación de vulnerabilidade social e/ou en situación ou risco de exclusión social polos servizos sociais municipais.
  • Límite de recursos da unidade de convivencia:
Nº PERSOAS DA UNIDADE DE CONVIVENCIA LÍMITE MÁXIMO DE INGRESOS (% IPREM) LÍMITE MÁXIMO DE INGRESOS (€ IPREM)
1 125,00% 665,64 €
2 140,00% 745,51 €
3 155,00% 825,39 €
4 170,00% 905,27 €
5 185,00% 985,14 €
6 ou máis 200,00% 1.065,02 €
  • Ter 18 anos cumpridos ou estar emancipado ou emancipada, agás as excepcións previstas na normativa autonómica de inclusión social vixente en cada momento.
  • Ter constituída de feito unha unidade de convivencia independente.
  • Acreditar a escolarización e asistencia regular ao centro escolar dos/as menores da unidade de convivencia que estean en idade de escolarización obrigatoria.
  • Comprometerse a participar activamente, a unidade de convivencia, no itinerario de inclusión cidadá que deseñen os servizos sociais municipais nos termos previstos nel e durante toda a duración deste.
  • Valoración de dependencia

Os requisitos deberán reunirse no momento de presentar a solicitude e todos eles deberán manterse durante todo o período en que a persoa perceptora estea percibindo a renda municipal de garantía básica cidadá

É compatible con otras prestacións?

  • RISGA / COMPATIBLE
  • AXUDAS DE INSERCIÓN SOCIAL (AIS) / NON COMPATIBLE
  • OUTROS INGRESOS PARA A MESMA FINALIDADE / NON COMPATIBLE
  • RENDA DE GARANTÍA BÁSICA CIDADÁ / COMPATIBLE
  • PRESTACIÓNS DE RESCATE SOCIAL (RESTO) / COMPATIBLE

Como se realiza a tramitación?

A solicitude presentarase en calquera día do ano nos modelos formalizados establecidos polo Concello de Santiago de Compostela, achegando a documentación correspondente, preferentemente por sede electrónica.

Pódese concertar cita cos Servicios Sociais Municipais a través do Servizo de CITA PREVIA ou dirixíndose a solicitala ao PASS (Punto de atención de Servizos Sociais) de referencia.

Os servizos sociais municipais avaliarán, previos os traballos técnicos oportunos, se se dá ou non a situación de risco ou exclusión social e elaborarán o itinerario de inclusión cidadá previsto nesta ordenanza.

Documentación

  • Certificado de empadroamento da solicitante, sen prexuízo das restantes alternativas previstas pola normativa vixente en cada momento.
  • Documento de identidade ou certificación literal de nacemento, sen prexuízo das restantes formas de acreditación previstas pola normativa vixente en cada momento.
  • Acreditación da unidade de convivencia:
    • En canto á composición de membros da unidade de convivencia, calquera documento previsto pola normativa vixente
    • En canto á identidade dos membros da unidade de convivencia, calquera documento previsto pola normativa vixente
  • Acreditación das circunstancias económicas da unidade de convivencia:
    • Último recibo emitido do IBI e IVTM (no caso de ser titulares de bens), e últimas declaracións fiscais presentadas de IRPF e Imposto sobre o Patrimonio.
    • Copia do contrato de alugueiro ou do préstamo hipotecario, e os últimos xustificantes de pagamento.
    • Xustificación de ingresos de todas as persoas integrantes da unidade de convivencia relativo aos últimos tres meses anteriores á presentación da solicitude, en concreto e en relación con todos os membros da unidade de convivencia:
      • Informe de vida laboral.
      • Follas de salario.
      • Certificación de percibir ou non prestacións económicas por parte do Servizo Público de Emprego.
      • Certificación de percibir ou non prestacións ou pensións por parte da Seguridade Social.
      • Autorización ao Concello para acceder ós datos tributarios debidamente asinada por tódolos membros que formen parte da unidade familiar de convivencia ou certificación dos mesmos expedida pola axencia tributaria.
      • Extracto das entidades bancarias nas que confiasen as contas ou depósitos sobre os movementos banca- rios existentes nos tres (3) meses anteriores á solicitude.
      • Declaración xurada de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas polo mesmo concepto polas distintas administracións públicas competentes ou institucións privadas.
    • No caso de padecer enfermidade, informe médico emitido polo sistema público de saúde que acredite tal circunstancia.
    • Certificado de grao de discapacidade e/ou grao de dependencia, se é o caso.
    • Calquera outra documentación acreditativa da situación de necesidade determinante da solicitude.
    • Cando non se poidan acreditar documentalmente todos ou algúns destes documentos, declaración responsable de ingresos explicando os motivos concretos polos cales non se pode achegar cada documento concreto.
  • Certificación expedida polo centro escolar acreditativa da escolarización e asistencia regular a centro escolar dos/ as menores da unidade de convivencia que estean en idade de escolarización obrigatoria.
  • De ser o caso: Resolución denegatoria, de suspensión ou de extinción da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA), ou prestación autonómica que a substitúa, ou, alternativamente, un informe dos servizos sociais municipais que acredite que non se cumpren os requisitos previstos polo artigo 12 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, de acordo coa información e documentación facilitada pola solicitante e recadada polos servizos sociais municipais.
  • Acreditación da necesidade, realidade e importe do gasto excepcional para o cal se solicita a prestación.
  • Calquera outra documentación que se considere pertinente para avaliar a situación de vulnerabilidade social e/ou en situación ou risco de exclusión social, en particular a que acredite a pertenza a un colectivo considerado en situación de risco ou exclusión social pola normativa autonómica vixente en cada momento
  • Informe social e compromiso inicial de participar no itinerario de inclusión cidadá que se redactará conxuntamente entre os servizos sociais municipais e a persoa solicitante mais os membros da súa unidade de convivencia.

Estes documentos, nos máis dos casos, poderán ser pedidos e tramitados directamente polo Concello se a persoa solicitante quere autorizalo

Prazo

En calquera momento

Onde se pode solicitar?

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local