As persoas beneficiarias estarán exentas do pago da cota mínima polo mantenimiento do servizo de auga, saneamento e lixo.
Quen o pode solicitar?
- Persoas empadroadas no concello de Santiago de Compostela
 - Persoas que na súa unidade familiar, teñan uns ingresos anuais percápita inferiores ao indicador de rendas de efectos múltiples vixente (IPREM) ou índice que o substitúa, por un período de 6 meses dentro do ano natural
 - Mulleres embarazadas que polas súas circunstancias persoais se atopen soas ou estean integradas en familias con risco de exclusión social ou con especiais dificultades para o exercicio das responsabilidades parentais, dende a data da concesión ata que o menor cumpra 3 anos de idade.
 
Documentación
- DNI-NIF/NIE da persoa solicitante
 - DNI-NIF/NIE do representante, se procede<7li>
 - Acreditación da representación, se procede (marcar no Anexo 1 os documentos achegados)
 - Fotocopia do último recibo de auga.
 - Xustificantes económicos de toda a unidade familiar de convivencia.
 
Como se realiza a tramitación?
Pódese acudir á oficina en materia de rexistro que corresponda: Rexistro auxiliar de Atención ao Contribuínte. Rúa do Presidente Salvador Allende, 4-6 baixo
Teléfonos: 881599977 / 981542384
E-mail: atencionaocontribuinte@santiagodecompostela.gal
Prazo
En calquera momento.
