Servizos a veciñanza

Prestación municipal para o equipamento básico da vivienda

Estas prestación terán como finalidade  atender as prestacións non cubertas por outras Administracións Públicas ou entidades privadas, entendendo por estas as de mobiliario e electrodomésticos básicos.

Aboarase o 90 % do gasto respectando sempre os seguintes límites:

  • Lavadora:  300€
  • Frigorífico: 300€
  • Cociña: 250€
  • Termo de auga de 80 litros: 250€
  • Termo de auga de 50 litros: 150€
  • Estufa eléctrica: 75€
  • Estufa de gas: 125€
  • Caldeira de calefacción: 600€
  • Outros: 600€

Poderanse conceder unha ou varias prestacións co límite dun importe máximo conxunto de seiscentos (600,00 €) euros para cada un dos conceptos, ao longo dun período de tres (3) anos.

Quen o pode solicitar?

Persoas que estean empadroadas no concello de Santiago de Compostela con tres (3) meses de anterioridades á data de solicitude.

Excepcionalmente, por causas obxectivamente xustificadas, poderán ser perceptoras das prestacións de rescate social aquelas persoas nas que, aínda que non cumpran todos os requisitos esixidos, sexa inicialmente ou en calquera momento posterior, concorran circunstancias especiais das que se poidan derivar para ela ou para as persoas da súa unidade de convivencia unha situación de extrema necesidade que poña en perigo o dereito á vida, á integridade física ou moral ou á saúde. Neste caso, incorporarase ao expediente un informe técnico no que se xustificará a concorrencia destas circunstancias.

Ademáis,  as persoas que a queran solicitar deberan cumprir as seguintes condicións: 

  • Ter  sido avaliada/o en situación de vulnerabilidade social e/ou en situación ou risco de exclusión social polos servizos sociais municipais.
  • Límite de recursos da unidade de convivencia:
Nº PERSOAS DA UNIDADE DE CONVIVENCIA LÍMITE MÁXIMO DE INGRESOS (% IPREM) LÍMITE MÁXIMO DE INGRESOS (€ IPREM)
1 125,00% 665,64 €
2 140,00% 745,51 €
3 155,00% 825,39 €
4 170,00% 905,27 €
5 185,00% 985,14 €
6 ou máis 200,00% 1.065,02 €
  • Ter 18 anos cumpridos ou estar emancipado ou emancipada, agás as excepcións previstas na normativa autonómica de inclusión social vixente en cada momento.
  • Ter constituída de feito unha unidade de convivencia independente.
  • Acreditar a escolarización e asistencia regular ao centro escolar dos/as menores da unidade de convivencia que estean en idade de escolarización obrigatoria.
  • Comprometerse a participar activamente a unidade de convivencia no itinerario de inclusión cidadá que deseñen os servizos sociais municipais nos termos previstos nel e durante toda a duración deste.

É compatible con otras prestacións?

  • RISGA / COMPATIBLE
  • AXUDAS DE INSERCIÓN SOCIAL (AIS) / NON COMPATIBLE
  • OUTROS INGRESOS PARA A MESMA FINALIDADE / NON COMPATIBLE
  • RENDA DE GARANTÍA BÁSICA CIDADÁ / COMPATIBLE
  • PRESTACIÓNS DE RESCATE SOCIAL (RESTO) / COMPATIBLE

Os requisitos deberán reunirse no momento de presentar a solicitude e todos eles deberán manterse durante todo o período en que a persoa perceptora estea percibindo a renda municipal de garantía básica cidadá

Como se realiza la tramitación

A solicitude presentarase en calquera día do ano nos modelos formalizados establecidos polo Concello de Santiago de Compostela, achegando a documentación correspondente, preferentemente por sede electrónica.

Pódese concertar cita cos Servicios Sociais Municipais  a través do Servizo de CITA PREVIA ou dirixíndose a solicitala ao PASS  (Punto de atención de Servizos Sociais) de referencia.

Documentación

  • Certificado de empadroamento da solicitante, sen prexuízo das restantes alternativas previstas pola normativa vixente en cada momento.
  • Documento de identidade ou certificación literal de nacemento, sen prexuízo das restantes formas de acreditación previstas pola normativa vixente en cada momento.
  • Acreditación da unidade de convivencia:
    • En canto á composición de membros da unidade de convivencia, calquera documento previsto pola normativa vixente
    • En canto á identidade dos membros da unidade de convivencia, calquera documento previsto pola normativa vixente
  • Acreditación das circunstancias económicas da unidade de convivencia:
    • Último recibo emitido do IBI e IVTM (no caso de ser titulares de bens), e últimas declaracións fiscais presentadas de IRPF e Imposto sobre o Patrimonio.
    • Copia do contrato de alugueiro ou do préstamo hipotecario, e os últimos xustificantes de pagamento.
    • Xustificación de ingresos de todas as persoas integrantes da unidade de convivencia relativo aos últimos tres meses anteriores á presentación da solicitude, en concreto e en relación con todos os membros da unidade de convivencia:
      • Informe de vida laboral.
      • Follas de salario.
      • Certificación de percibir ou non prestacións económicas por parte do Servizo Público de Emprego.
      • Certificación de percibir ou non prestacións ou pensións por parte da Seguridade Social.
      • Autorización ao Concello para acceder ós datos tributarios debidamente asinada por tódolos membros que formen parte da unidade familiar de convivencia ou certificación dos mesmos expedida pola axencia tributaria.
      • Extracto das entidades bancarias nas que confiasen as contas ou depósitos sobre os movementos banca- rios existentes nos tres (3) meses anteriores á solicitude.
      • Declaración xurada de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas polo mesmo concepto polas distintas administracións públicas competentes ou institucións privadas.
    • No caso de padecer enfermidade, informe médico emitido polo sistema público de saúde que acredite tal circunstancia.
    • Certificado de grao de discapacidade e/ou grao de dependencia, se é o caso.
    • Calquera outra documentación acreditativa da situación de necesidade determinante da solicitude.
    • Cando non se poidan acreditar documentalmente todos ou algúns destes documentos, declaración responsable de ingresos explicando os motivos concretos polos cales non se pode achegar cada documento concreto.
  • Certificación expedida polo centro escolar acreditativa da escolarización e asistencia regular a centro escolar dos/ as menores da unidade de convivencia que estean en idade de escolarización obrigatoria.
  • De ser o caso: Resolución denegatoria, de suspensión ou de extinción da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA), ou prestación autonómica que a substitúa, ou, alternativamente, un informe dos servizos sociais municipais que acredite que non se cumpren os requisitos previstos polo artigo 12 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, de acordo coa información e documentación facilitada pola solicitante e recadada polos servizos sociais municipais.
  • Acreditación da necesidade do importe do gasto para o cal se solicita a axuda.
  • Calquera outra documentación que se considere pertinente para avaliar a situación de vulnerabilidade social e/ou en situación ou risco de exclusión social, en particular a que acredite a pertenza a un colectivo considerado en situación de risco ou exclusión social pola normativa autonómica vixente en cada momento.
  • Informe social e compromiso inicial de participar no itinerario de inclusión cidadá que se redactará conxuntamente entre os servizos sociais municipais e a persoa solicitante mais os membros da súa unidade de convivencia.

Estes documentos, nos máis dos casos, poderán ser pedidos e tramitados directamente polo Concello se a persoa solicitante quere autorizalo

Prazo

En calquera momento.

Onde se pode solicitar?

Outros trámites e xestón de Servizos Sociais

PAPIS

VITRASAN

Servizo municipal de Atención Inmediata (SMAI)

Programa municipal de Emerxencia

Bolsas municipais para sufragar gastos relacionados con medidas terapéuticas que apoien o desenvolvemento e o benestar persoal

Xantar na casa

Certificado do grao de discapacidade

Servizo de axuda no fogar de libre concorrencia

Servizo de educación e apoio familiar

Valoración da situación de dependencia

Servizo galego de apoio á mobilidade persoal (transporte adaptado)

Servizo de atención residencial para persoas en situación de dependencia

Programa municipal de inclusión social

Programa municipal de inclusión das persoas sen fogar

Libranza vinculada a servizo de atención residencial. (Bono autonomía en residencia)

Libranza para coidados no contorno familiar

Libranza para a asistencia persoal

Libranza para a adquisición dun servizo

Servizo Municipal de Urxencias Sociais: SEMUS COMPOSTELA

Prestacións complementarias á dependencia/discapacidade

Pensión non contributiva (PNC) de invalidez

Subsidio de mobilidade e gastos de transporte

Servizo de Teleasistencia Domiciliaria

Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda alugada

Pensión non Contributiva (PNC) de Xubilación

BONOTAXI: Axudas Individuais para o uso do Servizo de taxi para persoas con dificultades de mobilidade

Axudas de inclusión social (AIS)

Axudas de Urxencia/Emerxencia Social

Servizo de axuda no fogar de dependencia

Estadías temporais en servizo residencial ou de supervisión e apoio puntual

Bolsas Municipais para comedor, material escolar e actividades extraescolares.

Prestacións de fomento do dereito á educación para estudos non universitarios (matrículas, materiais, desprazamento, manutención e outros gastos)

Bonobus na modalidade Carencia de Recursos

Exención municipal da cota de auga

Prestación municipal para o equipamento básico da vivienda

Prestacións municipais de habitabilidade e pobreza enerxética

Prestación municipal para cobertura de necesidades básicas

Prestacións municipais de saúde bucodental

Renda Municipal de Garantía Básica cidadá

Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA)

Ingreso Mínimo Vital (IMV)

Servizo de Información, Orientación e Valoración

Servizo de Atención Telemática

Servizo de Cita Previa co Punto de Atención de Servizos sociais

Canles de tramitación

Para a solicitude da cita é imprescindible a identificación da persoa para a que se precisa realizar a consulta ou trámite e que indique o seu lugar de residencia, para asignarlle os profesionais que correspondan nos distintos Puntos de Atención de Servizos Sociais.

De forma xeral, podes xestionar os teus trámites
cos Servizos Sociais a través destas canles:

Sede electrónica

Podes consultar aquí os trámites específicos e a documentación dispoñible na SEDE ELECTRÓNICA

Sede Electrónica do Concello de Santiago

Ao acceder,seleccione a unidade tramitadora:
C05.01.01 SERVIZOS SOCIAIS

Aquí tes un exempo:

Sede Electrónica da Xunta de Galicia