No día de hoxe tiveron lugar na Casa de Asociacións de Benestar Social (CABES) dúas sesións explicativas sobre as bases que rexen a vindeira convocatoria das bolsas municipais para sufragar gastos de comedor escolar, actividades extraescolares e material escolar. As xornadas estiveron a cargo das educadoras familiares municipais pertencentes ao Servizo municipal de educación e apoio escolar. Preto de 60 persoas acudiron a esta acción informativa.
Xornadas explicativas sobre o procedemento de tramitación das bolsas sociais
