Visita do alumnado da USC aos Servizos Sociais Comunitarios

26/04/2024 | Novas

O alumnado de segundo curso do Grao en Educación Social da USC, visitou os Servizos Sociais comunitarios do Concello de Santiago para coñecer o servizo de educación e apoio familiar e a figura profesional da educación social neste departamento.  As docentes Carmen Morán e Laura Varela acompañaron neste encontro o seu alumnado da materia de Educación Social, Servicios Sociales e Iniciativa Ciudadana.
As técnicas do PASS CABES, Sandra Ferreño, e do PASS Fontiñas,  Margarita Vázquez, fixeron unha presentación das funcións a desenvolver polo educador/ra social nos Servizos Sociais. Para a presentación do  traballo comunitario  que se desenvolve dende ambas redes, contaron coa colaboración  de Milagres Budiño de Arela e de Luqui  Igrexas do Plan comunitario de Vite.
 

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local