No día hoxe, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, acompañada por técnicas dos Servizos Sociais Comunitarios, mantiveron una xuntanza cos profesionais do centro de día de menores Arela, co fin de analizar as intervencións sociais que se veñen realizando con este colectivo poboacional, as necesidades que existen ao respecto e fortalecer o traballo en rede que este concello ven desenvolvendo con esta entidade dende hai anos, tanto no traballo directo con casos, na abordaxe de situacións de desprotección como na intervención dende o eido comunitario.
É importante recoñecer a labor destes profesionais, sempre en prol do benestar das persoas mais novas do noso municipio!