A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, reiteran o compromiso de colaboración do Goberno Municipal coa asociación Dano Cerebral Santiago, que está a celebrar o seu 25 aniversario. Foi no transcurso da visita institucional que realizaron a esta entidade, na que puideron comprobar a maiores a boa marcha das obras de ampliación da súa sede, que se están a executar nunha parcela cedida polo concello.
Visita da alcaldesa e da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais á asociación Dano Cerebral Santiago
