As persoas usuarias do servizo municipal de axuda no fogar tiveron o pasado 14 de agosto unha saída cultural ao Museo do Centro Gaiás, onde tiveron a oportunidade de disfrutar unha experiencia na que se combinaba a intelixencia artificial, os videoproxectores e tamén, a realidade virtual coa finalidade de relatar unha visión diferente e innovadora da vida de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Neste percorrido coñeceuse á persoa detrás desa emblemática figura do ilustre autor, artista, político e intelectual do noso inconfundible Castelao, xa que grazas á intelixencia artificial experimentouse a visión do mundo a través do escritor, coñecendo a historia da súa infancia e da súa mocidade. Unha mirada íntima e próxima, evocando o seu latexado artístico e tamén humano.
Parabéns a todo o equipo de profesionais do SAF de Santiago que fixeron posible a implementación desta actividade e animar a todas as persoas usuarias que poidan, a seguir participando nas vindeiras que se organicen dende o servizo de integración social da empresa adxudicataria do servizo municipal de Axuda no Fogar, a UTE SIAD24-ASISTENZIA SAF SANTIAGO DE COMPOSTELA