RESOLUCIÓN DEFINITIVA DA CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS INDIVIDUAIS PARA O USO
DO SERVIZO DE TAXI COMO MEDIO ALTERNATIVO PARA AS PERSOAS CON DIFICULTADES DE MOBILIDADE
OU QUE PRESENTAN LIMITACIÓNS PARA O USO DO TRANSPORTE COLECTIVO DO CONCELLO DE
SANTIAGO DE COMPOSTELA, ANO 2023
De conformidade co acordo da Xunta de Goberno Local de data 12/06/2023, e consonte a base 8 da antedita convocatoria, publícase a seguinte listaxe, que se adxunta como ANEXO 1, como resolución definitiva da convocatoria, a cal substituirá a notificación individual, nos termos que establecen os artigos
42-43 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas sen prexuízo do disposto no artigo 46, relativo á indicación de notificacións e publicacións.
Asemade, infórmase ás persoas beneficiarias que de acordo coa base 9 da presente convocatoria para a súa xustificación, as persoas beneficiarias deberán presentar as facturas correspondentes como data máxima o 29 de setembro do ano que andamos e os servizos de taxi deben estar realizados dende o 1 de xaneiro de 2023 ata o período máximo de xustificación.
O que se notifica para o coñecemento xeral, sinalando que o citado acordo da Xunta de Goberno pon fin á
vía administrativa, e contra o mesmo, poderase interpoñer os seguintes recursos:
1. Con carácter potestativo, recurso de reposición perante a Xunta de Goberno Local, no prazo de un mes contado
dende o día seguinte ao da notificación deste acordo, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de
outubro, do procedemento administrativo común.
De non se estimar o recurso de reposición, vostede poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo perante o
Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses dende o día seguinte ao
da notificación da resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou do que este se entenda presuntamente
desestimado, conforme establece o artigo 46.4 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
2. Interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo perante a o Xulgado arriba indicado, e no mesmo
prazo de dous meses, dende o día seguinte ao da notificación deste acordo.
Non obstante, vostede poderá interpoñer calquera outro recurso que considere conveniente.