A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e outros representantes da Corporación Municipal recibiron este martes na Casa do Concello un grupo de persoas que se atopan en tratamento nas comunidades terapéuticas de Proxecto Home. 

A recepción tivo lugar no Salón Vermello do Pazo de Raxoi e contou con intervencións de Goretti Sanmartín; de Ofelia Debén, presidenta de Proxecto Home en Galicia; e de Alfredo Espiño, un dos seus usuarios. A rexedora deu a benvida ao grupo e puxo o Concello á súa disposición no seu proceso de recuperación e inclusión social.