Comunícase a reapertura de derivacións ao programa do Fondo Social Europeo Plus de Asistencia Material Básica (Programa BÁSICO) dende o 19 de novembro, con motivo da reasignación a Galicia dunha contía adicional de 202.300,93 euros para executar neste ano 2024, no que a xestión temporal do programa recae no Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030.
O período de acceso e derivación estará aberto ata o 5 de decembro de 2024, se ben este prazo podería acurtarse en tanto o acceso ao programa queda suxeito á existencia do crédito indicado no parágrafo anterior.
Lémbrase que, de acordo co contido do programa neste 2024, as tarxetas concederanse polos meses que medien entre o mes da solicitude e o final do ano, si ben poderán ser utilizadas con posterioridade polas persoas destinatarias ata esgotar o saldo correspondente ou, en todo caso, ata o 31 de marzo de 2025.