No día de hoxe, nas dependencias da Casa de Asociacións de Benestar Social (CABES), tivo lugar unha nova sesión do proxecto “En familia, todos contan”. Trátase dunha iniciativa deseñada e implementada polo equipo de profesionais do servizo de educación e apoio familiar, que vai dirixida a traballar grupalmente con familias, usuarias deste dispositivo, que teñan persoas menores con idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos. No día de hoxe, traballouse a área de ocio e tempo de lecer. A sesión correu a cargo da educadora familias do PASS CABES e de profesionais da Plan Comunitario de Vite, ao que se agradece a súa colaboración!.