A rede comunitaria do barrio de As Fontiñas levou a cabo unha nova edición do proxecto “Fraguando a diversidade, Fontiñas somo todos”. Esta vez o proxecto consistiu na celebración dunha xornada de formación/sensibilización sobre a saúde mental e a inclusión social. Diferenciaronse dous ámbitos:
- Ámbito social, a cargo da traballadora social de FEAFES Dona Area López Varela
- Ámbito médico, a cargo dun voluntario de Cruz Vermella cunha ampla experiencia como medico forense Don Benito López de Abajo
As entidades socioeducativas do barrio de Fontiñas consideran a “información” e o “coñecemento” como a ferramenta básica para garantir o adecuado desenvolvemento persoal e profesional. De aí, que cun enfoque colaborativo, se parta desa ferramenta, para que dende unha óptica comunitaria, incrementar e mellorar a actuación profesional sobre a saúde mental. As persoas destinatarias desta acción formativa foi o persoal técnico da rede comunitaria do barrio das Fontiñas así como outros membros que participen destas ou colaboran coas entidades do barrio.