Servizo de axuda no fogar de dependencia

Persoas dependentes

Servizo de axuda no fogar no marco do Sistema para a Autonomía persoal e a Atención á Dependencia (SAAD).

Ofrece un conxunto de atencións ás persoas, en situación de dependencia, no seu domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu entorno habitual e incrementar a súa autonomía.

Atencións que ofrece

  • Atencións de carácter persoal: asistencia para levantarse e deitarse, tarefas de coidado e hixiene persoal, vestiario, apoio na alimentación, apoio para mobilizacións e/ou apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia.
  • Atencións de carácter doméstico e da vivenda: limpeza e mantemento básico, compra de alimentos e produtos de uso común, preparación de alimentos e/ou lavado e coidado de roupa e enxoval doméstico.
  • Acompañamento persoal na realización doutras actividades necesarias da vida diaria: como apoio en trámites urxentes de carácter administrativo, xudicial, sanitario, etc.
  • Atencións de carácter psicosocial e educativo enfocadas ao desenvolvemento das capacidades persoais básicas, á mellora da convivencia, integración na comunidade e mellora da estrutura familiar.
  • Servizos de carácter complementario: préstamos de axudas técnicas, podoloxía e/ou perruquería.

Unha vez garantido o nivel básico de atención poderá incorporar ademais actuacións complementarias dos seguintes tipos:

  • Actividades de acompañamento, socialización, e desenvolvemento de hábitos saudables.
  • Servizo de préstamo de axudas técnicas ou produtos de apoio para persoas en situación de dependencia ou dependencia temporal.
  • Adaptacións funcionais do fogar.
  • Servizo de podoloxía.
  • Servizo de fisioterapia.
  • Terapia ocupacional.

O Servizo está suxeito a copagamento por parte da persoa beneficiaria, a contía do mesmo calcularase en función da capacidade económica das persoas dependentes e segundo o recollido na normativa reguladora do  servizo.

Quen o pode solicitar?

As persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia, e conten coa resolución do Plan Individualizado de Atención (PIA) no que se recolle como recurso asignado o Servicio de Axuda no Fogar así como as condicións de intensidade e copagamento.

Como se realiza a tramitación?

Para realizar o trámite dende o Departamento municipal de Servizos Sociais do concello de Santiago de Compostela, débese pedir CITA PREVIA co/coa profesional de Traballo Social do PASS que corresponda segundo domicilio de residencia.

O día da cita é aconsellable aportar a seguinte documentación necesaria para a súa tramitación.

Documentación

  • Solicitude BS022
  • DNI/NIE da persoa interesada e dos restantes membros da unidade de convivencia maiores de idade (obrigatoria)
  • Tarxeta sanitaria das persoas susceptibles de ser beneficiarias do servizo
  • Informe das condición de saúde
  • Resolución de discapacidade e/ou dependencia (de selo caso)
  • Xustificantes de ingresos económicos de tódolos membros da unidade de convivencia procedentes de salarios, pensións, subsidios e/ou outros bens que posúan, por medio dalgunha da seguinte documentación: xustificante de pensión, prestación, subsidio, nómina, …
  • Xustificante de estar en situación de desemprego e de percepción ou non de prestacións, de ser o caso
  • Declaración da renda, ou no seu caso certificado negativo de imputacións do IRPF, no caso de non autorizar a súa consulta
  • Declaración de patrimonio, no caso de non autorizar a súa consulta, ou xustificante do valor catastral do patrimonio (recibo de IBI), no caso de non autorizar a súa consulta.
  • Xustificante do número de conta bancaria, con IBAN e a identificación da persoa titular
  • Documentación de representación de ser o caso: Documento de identidade de representante; Acreditación de representación

As solicitudes remitiranse ao servizo de dependencia da Xunta de Galicia, quen unha vez valorada a pertinencia do recurso e elaborado o Plan de Atención Individualizado, incluirá a persoa no Programa de Asignación de Recursos para que dende o concello se proceda ao alta da persoa no servizo.

Data

En prazo

Onde se pode solicitar?

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local