Servizo de atención residencial para persoas en situación de dependencia

Persoas dependentes

Que servizos ofrece?

O servizo de atención residencial ofrece unha atención integral e continuada e personalizada ás persoas en situación de dependencia, tendo en conta a natureza da situación de dependencia, o seu grao e a intensidade de coidados que precisa a persoa.

Terá carácter permanente cando o centro de atención residencial sexa a residencia habitual da persoa. Pode ter carácter temporal cando se atendan estadías temporais de convalecencia ou durante vacacións, fins de semana, enfermidades ou períodos de descanso dos coidadores non profesionais.

O servizo de estadías temporais non terá unha duración superior a 45 días ao ano no suposto de períodos de descanso das persoas coidadoras.

A persoa en situación de dependencia gozará, nestes casos, dos mesmos dereitos e obrigas que as persoas residentes con carácter permanente durante o tempo que permaneza neste servizo.

Quen pode solicitar a súa participación?

As persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia e no seu proxecto individualizado de atención (PIA) teñan contemplado como recurso a aplicar o servizo de atención residencial.

Como se realiza a tramitación?

Para realizar o trámite dende o Departamento municipal de Servizos Sociais do concello de Santiago de Compostela,débese pedir CITA PREVIA co/coa profesional de educación familiar do programa ou co profesional de Traballo Social do PASS que corresponda segundo domicilio de residencia.
O día da cita é aconsellable aportar a seguinte documentación necesaria para a súa tramitación.

Documentación

  1. Copia do DNI/NIE da persoa solicitante ou documento acreditativo da súa identidade, no suposto de que non autorice á administración para o acceso por medios propios.
  2. Cando a persoa solicitante sexa un menor de idade, copia compulsada do libro de familia, que inclúa a folla na que apareza o nome do/a beneficiario/a, no caso de non posuír DNI.
  3. Acreditación da persoa representante do solicitante, no seu caso.
  4. Certificado de empadroamento que acredite a residencia nun municipio da Comunidade Autónoma no momento de presentar a solicitude, agás as persoas que estean sendo atendidas dentro do sistema público de servizos sociais (residencias, centro de día, axuda no fogar).
  5. Certificado de empadroamento emitido polos concellos correspondentes que acrediten a residencia da persoa solicitante en España durante cinco anos, dos cales dous deberán ser inmediatamente anteriores á data de presentación de solicitude. Para o caso de menores de cinco anos, certificado de empadroamento que acredite a residencia de quen ostente a súa representación. No suposto de residentes que carezan da nacionalidade española presentarán certificado emitido polo Ministerio del Interior que acredite o cumprimento dos mesmos períodos.
  6. No caso de ser emigrante retornado e non cumprir o requisito do período de residencia, certificado de emigrante retornado expedido pola delegación do Goberno ou mediante a baixa consular.
  7. Informe de condicións de saúde  emitido por un profesional do Servizo Galego de Saúde, doutras administración públicas que traten habitualmente á persoa solicitante ou de entidades concertadas ou conveniadas coa Seguridade Social ou réximes especiais.
    Terá carácter complementario os informes emitidos polos profesionais de entidades, asociacións e corporacións sen ánimo de lucro no ámbito da discapacidade, así como o emitido por profesionais de entidades xestoras de servizos sociais de institucionalización onde se atope o solicitante.
    Estarán exentas de presentar o informe de saúde as persoas que tiveran recoñecida a necesidade de axuda de terceira persoa, cunha puntuación de 45 puntos ou máis.
  8. Certificado de discapacidade coa puntuación de axuda de terceira persoa (ATP) cando fora emitido por outra Comunidade Autónoma, se é o caso.
  9. Resolución de grao, se é o caso, cando sexa emitido por outra Comunidade Autónoma.
  10. No caso de solicitude de prestación económica para coidados no contorno familiar, certificado de empadroamento do coidador, así como declaración xurada do grao de parentesco que os une ou tipo de relación se non é a filial,  e DNI/NIE ou outro documento acreditativo da súa identidade.
  11. Certificado de convivencia da persoa solicitante segundo Padrón Municipal.
  12. Declaración do IRPF, certificado de toda clase de pensións percibidas pola persoa solicitante ou declaración xurada de non percibilas, no caso de non autorizar a consulta e comprobación dos seus datos económicos no anexo I da solicitude.
  13. Declaración responsable do patrimonio da persoa solicitante na que se detalle o conxunto das súas titularidades de bens e dereitos de contido económico. (Anexo IX). 
  14. Copia, de ser o caso, do DNI/NIE do cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou fillos menores de 25 anos ou maiores en situación de discapacidade que dependan economicamente do solicitante. Cando existan menores de idade que dependan economicamente da persoa solicitante, copia compulsada do libro de familia no caso de que estes non posúan DNI.
  15. Declaración do IRPF, certificado de toda clase de pensións percibidas polo cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou fillos/as menores de 25 anos ou maiores en situación de discapacidade, economicamente a cargo da persoa solicitante, ou declaración xurada de non percibilas (no caso de non autorizar a consulta dos seus datos económicos -Anexo I da solicitude), e Declaración responsable do patrimonio (Anexo IX)

As persoas interesadas non estarán na obriga de achegar información, datos ou documentación que estea xa en poder da administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou que, de acordo coa lexislación vixente, poida obterse polos seus propios medios.

Prazo

En calquera momento.

Onde se pode solicitar?

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local