Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA)

Inclusión social | Infancia e familia | Poboación en xeral

É unha prestación pública destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, así como a acadar progresivamente a súa autonomía e integración social e laboral

Obxectivo

Acadar autonomía e integración social e laboral da persoas perceptoras da axuda,  a través da súa participación en procesos personalizados de inserción.

Contía

A contía do ingreso mínimo do tramo persoal da RISGA será o equivalente ao  75% del IPREM.

A contía incrementarase cun complemento familiar  que será de aplicación ás persoas que convivan coa persoa solicitante, unidas por matrimonio ou análoga relación estable, por adopción ou acollemento ou por lazos de parentesco de consanguinidade ou afinidade ata o cuarto e segundo grao, respectivamente.

Quen o pode solicitar?

Calquera persoa que se atope en situación ou risco de exclusión social e teña residencia efectiva (tempo superior a 6 meses nun período de 12) e constatada polos Servizos Sociais Comunitarios e estea empadroado/a en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, polo menos durante os 6 meses anteriores á presentación da solicitude de valoración. Computaranse os períodos de empadroamento sucesivo en distintos concellos galegos.

Tamén poderán solicitala

  1. Persoas que, procedentes doutras Comunidades Autónomas.  sexan beneficiarias do sistema de rendas mínimas nesa comunidade, sempre que na súa lexislación se recolla a reciprocidade ou convenio específico ao efecto.
  2. Vítimas de violencia doméstica ou de xénero que cambien o seu domicilio por motivos de seguridade.
  3. Persoas emigrantes galegas, nos termos sinalados no artigo 3 do Estatuto de autonomía de Galicia( gozan da condición política de galegos os cidadáns españois que, de acordo cas Leis xerais do Estado, teñan veciñanza administrativa en calquera dos Municipios de Galicia) , cando fixasen a súa residencia en Galicia.
  4. As persoas nacidas en Galicia que, residindo noutras Comunidades Autónomas, volvan fixar a súa residencia en Galicia.
  5. Quen teña recoñecida a condición de persoa refuxiada polo organismo competente da Adm. xeral do Estado, ou aquelas persoas cuxa solicitude de asilo se admitise a trámite ou, non admitíndose, teñan os/as solicitantes autorizada a súa permanencia en España por razóns humanitarias ou de interese social.
  6. Persoas vítimas de tráfico de seres humanos ou de mulleres estranxeiras vítimas de violencia de xénero que conten cunha autorización de residencia ou cun traballo por circunstancias excepcionais nos termos que estableza a normativa de aplicación

Condicións

  • Ter cumpridos os 25 anos na data da solicitude da prestación, ca excepción das persoas que teñan menores ao seu cargo.
  • Excepcionalmente poderán optar a esta renda as persoas maiores de 18 anos nas que concorran  as seguintes situacións:
    • Que antes de alcanzar a maioría de idade estivesen tuteladas pola Xunta de Galicia e internadas nun centro de menores ou en acollemento familiar.
    • Que, tendo recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, non teñan dereito a prestación ou axuda de igual ou análoga natureza.
    • Que estean en situación de orfandade absoluta e non teñan dereito a outras prestacións ou axudas de análoga natureza.
    • Que procedan dun centro penitenciario ou de reeducación de menores.
    • Que leven tres anos vivindo nun domicilio independente e que cotizasen, polo menos, dous anos á Seguridade Social.
    • Que sexan persoas vítimas de tráfico de seres humanos.
    • Que se acredite que a persoa é vítima de violencia doméstica ou violencia de xénero.
    • Que os Servizos Sociais Comunitarios acrediten a existencia da concorrencia de varios
  • Estar nunha situación de cargas familiares non compartidas.
  • Estar en proceso de rehabilitación social, como resultado dun programa de deshabituación de substancias aditivas ou de calquera outra adicción que produza efectos persoais e sociais de natureza semellante.
  • Ter a condición de muller vítima de violencia de xénero.
  • Ser unha persoa vítima de violencia doméstica.
  • Ter unha discapacidade valorada superior ao 33 %.
  • Ser inmigrante ou emigrante retornado.
  • Proceder de institucións de protección ou reeducación de menores.
  • Proceder de cumprimento de pena nunha institución penitenciaría.
  • Ser unha persoa sen fogar ou habitar nunha infravivenda.
  • Pertencer a unha minoría étnica.
  • Estar en proceso de abandono do exercicio da prostitución ou ser vítima de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas.
  • Ter a condición de persoa transexual ou estar en proceso de reasignación sexual.
  • Que non existan persoas legalmente obrigadas e con posibilidade real de lles prestar alimentos de acordo coa lexislación civil.
  • Dispor na unidade de convivencia de ingresos inferiores ao importe do tramo persoal e familiar que lle correspondería e, ademais, non dispor de bens patrimoniais dos cales se deduza a existencia de medios suficientes para a subsistencia.
  • Calquera outro factor non previsto expresamente neste artigo sempre que, ponderado polos servizos sociais comunitarios no contexto persoal, familiar e social da persoa, condicione negativa e gravemente a súa inclusión social e laboral.

É compatible con outras prestacións?

  • RENDA MUNICIPAL DE GARANTIA BÁSICA CIDADA / NON COMPATIBLE
  • PENSIÓN NON CONTRIBUTIVA (PNC) / NON COMPATIBLE
  • PRESTACIÓNS OU PENSIÓNS SUPERIORES Á RISGA OU PNC / NON COMPATIBLE
  • INGRESOS, PENSIÓNS E PRESTACIÓNS INFERIORES Á PNC / COMPATIBLE
  • INGRESOS, PENSIÓNS E PRESTACIÓNS DOUTROS MEMBROS DA UNIDADE DE CONVIVENCIA / COMPATIBLE
  • PRESTACIÓNS DE RESCATE SOCIAL PARA A COBERTURA DE NECESIDADES BÁSICAS / NON COMPATIBLE
  • PRESTACIÓNS DE RESCATE SOCIAL (RESTO) / COMPATIBLE

Como se realiza a tramitación?

A solicitude presentarase en calquera día do ano nos modelos formalizados establecidos polo Concello de Santiago de Compostela, achegando a documentación correspondente, preferentemente por sede electrónica.
Pódese concertar cita cos Servicios Sociais Municipais a través do Servizo de CITA PREVIA ou dirixíndose a solicitala ao PASS (Punto de atención de Servizos Sociais) de referencia.

Os servizos sociais municipais avaliarán, previos os traballos técnicos oportunos, a situación da persoa solicítante e conxuntamente determinarase a intervención a realizar.

Duración da tramitación

O recollido na lexislación autonómica que regula especificamente este recurso.

Onde se pode solicitar?

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local