Programa municipal de inclusión residencial

Inclusión social

Que servizos ofrece?

Este programa ofrece información, orientación técnica e acompañamento no acceso á vivenda, para persoas en situación de vulnerabilidade social.
Dende os Servizos Sociais se fará unha análise global da situación sociofamiliar, establecendo os ámbitos de intervención e as liñas a seguir, que deberán quedar reflictidas nun proxecto de intervención social.

Obxectivo

Favorecer o acceso a unha vivenda digna, como factor imprescindible para a mellora da calidade de vida, a través de procesos participacitivos e colaborativos entre todos os axentes socias implicados no marco da garantía dun dereito constitucional.

Recursos/atencións

  1. A través do traballo coordinado co Instituto Galego de Vivenda e Solo.
    • Promóvese un traballo coordinado e en rede co dispositivo autonómico con competencias específicas de vivenda, co fin de canalizar necesidades sociais e propiciar a integración da veciñanza no contorno comunitario.
  2. A Intervención con familias en situación ou en risco de desafiuzamento proporciona:
    • Orientación e información sobre os procedementos de actuación ante os procesos de desafiuzamento
    • Adquisición das destrezas e competencias persoais e sociais que eviten procesos de desafiuzamento
    • Apoio e acompañamento na busca dunha vivenda alternativa.
    • Promover a adquisición por parte das familias das habilidades necesarias para a vida diaria autónoma nunha vivenda normalizada.
  3. Na Intervención socioeducativa na área da vivenda fanse actuacións que:
    • Favorecen o desenvolvemento persoal a través do cumprimento da función social das vivendas.
    • Estimulan procesos de rexeneración e a cohesión social
    • Promoven intervencións integrais, multidisciplinares e complementarias que permitan abordar as situacións de infravivenda.
    • Sensibilizan ás familias sobre a importancia que ten a vivenda no seu proceso vital, reflexionando sobre as consecuencias prexudiciais para o desenvolvemento persoal e social das persoas que integran a unidade de convivencia o feito de habitar nunha infravivenda.
    • Facilitan o acceso das familias en situación de vulnerabilidade aos recursos existentes para a busca dunha vivenda que posúa unhas condicións mínimas de habitabilidade.
    • Promoven a adquisición por parte das familias das habilidades necesarias para a vida diaria autónoma nunha vivenda normalizada.
    • Promoven as condiciones necesarias para garantir o dereito constitucional a unha vivenda digna e adecuada, facilitando o acceso ó mercado de vivenda e evitando problemáticas como o amontoamento, a infravivenda ou as situacións que vivendas as persoas sen teito.
  4. Apoio económico para o pago de determinados aspectos relacionados coa vivenda e convenios de colaboración con diferentes entidades sociais da cidade co fin de:
    • Contribuír a evitar situacións de desafiuzamento e/ou de conflitividade veciñal.
    • Favorecer a estabilidade persoal e familiar.
    • Contribuír a garantir condicións de vida digna á cidadanía.

O Concello de Santiago de Compostela, xunto con Ames e Teo, teñen asinado un protocolo específico para a prevención de desafiuzamentos e atención das persoas afectadas. O protocolo reflicte a disposición municipal de promover, no ámbito das súas competencias, as medidas que estean ao seu alcance e que contribúan a defender o dereito a unha vivenda digna e adecuada para todas as veciñas e veciños.

A través deste protocolo, preténdese completar as accións recollidas no Convenio de colaboración asinado no ano 2013 entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincial (FEGAMP) para a detección de supostos de vulnerabilidade.

Os ámbitos de actuación deste protocolo xiran en torno as seguintes áreas:

  1. Promoción do dereito á vivenda e prevención de situacións de desafiuzamento
  2. Mediación e acompañamento
  3. Protección

Dende cada unha delas desenvolvemos as seguintes accións:

  1. Promoción do dereito á vivenda e prevención de situacións de desafiuzamento
    • Detección precoz de familias que non poden facer fronte a prést. hipotecarios ou rendas de aluguer
    • Asesoramento en materia de alugueiros
    • Información sobre asociaacións de persoas afectadas e sobre asociacións de consumidores/as
    • Promoción de formación básica financieira e sobre consumo e compra responsables
    • Información directa sobre existencia deste protocolo.
  2. Mediación e acompañamento
    • Análise de cada caso de forma individual e integral
    • Intermediación profesional
  3. Protección
    • Mediacións e acompañamento
    • Apoio psicosocial en todo o proceso

Quen o pode solicitar?

Persoas que teñan fixada a residencia no termo municipal de Santiago de Compostela e que se atopen en situación de vulnerabilidade social, valorada por persoal técnico de Servizos Sociais.

Como se realiza a tramitación?

Para participar no programa débese pedir CITA PREVIA co/coa profesional de educación familiar do programa ou co profesional de Traballo Social do PASS que corresponda segundo domicilio de residencia, para que este faga a valoración pertinente en relación a súa inclusión no programa.

Prazo

En calquera momento.

Onde se pode solicitar?

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local