Estas prestacións terán como finalidade sufragar os seguintes gastos:
- Débedas asociadas á pobreza enerxética (subministro de luz e gas).
- Gastos asociados a altas de contratos de subministración enerxética nunha nova vivenda.
- Gastos asociados a débeda de comunidade de propietarios.
- Gastos por endebedamento previo relacionados con aloxamento habitual.
- Equipamento básico da vivenda.
En todo caso, para os casos de gastos asociados á acumulación de débedas de aloxamento e comunidade, a concesión destas prestacións quedará condicionada a que por parte da persoa perceptora se xustifique que a prestación contribúe á permaneza no domicilio habitual, evitando situacións de desafiuzamento, acreditándose por algunha das seguintes circunstancias:
- Queda cuberta a débeda porque dispón do 10 % restante para solventala ou,
- Queda cuberta a débeda porque dispón de apoios económicos, dentro da rede familia extensa, ámbito comunitario, ou outras prestacións públicas ou prestacións de entidades de iniciativa social ou,
- Existe un acordo coa comunidade de propietarios, co/a propietario/a da vivenda, coa entidade financeira ou con calquera outra acredora para aboar de xeito fraccionado o importe da débeda restante.
Quen o pode solicitar?
Persoas que estean empadroadas no concello de Santiago de Compostela con tres (3) meses de anterioridades á data de solicitude.
Excepcionalmente, por causas obxectivamente xustificadas, poderán ser perceptoras das prestacións de rescate social aquelas persoas nas que, aínda que non cumpran todos os requisitos esixidos, sexa inicialmente ou en calquera momento posterior, concorran circunstancias especiais das que se poidan derivar para ela ou para as persoas da súa unidade de convivencia unha situación de extrema necesidade que poña en perigo o dereito á vida, á integridade física ou moral ou á saúde. Neste caso, incorporarase ao expediente un informe técnico no que se xustificará a concorrencia destas circunstancias.
As persoas que a queran solicitar deberan cumprir as seguintes condicións:
- Ter sido avaliada/o en situación de vulnerabilidade social e/ou en situación ou risco de exclusión social polos servizos sociais municipais.
- Ter residencia habitual, real e efectiva en Santiago de Compostela. Estar empadroado/a e ter domicilio real e efectivo no termo municipal de Santiago de Compostela cunha antigüidade mínima de seis (3) meses, de anterioridade a data de solitud
- Límite de recursos da unidade de convivencia:
Nº PERSOAS DA UNIDADE DE CONVIVENCIA | LÍMITE MÁXIMO DE INGRESOS (% IPREM) | LÍMITE MÁXIMO DE INGRESOS (€ IPREM) |
---|---|---|
1 | 125,00% | 665,64 € |
2 | 140,00% | 745,51 € |
3 | 155,00% | 825,39 € |
4 | 170,00% | 905,27 € |
5 | 185,00% | 985,14 € |
6 ou máis | 200,00% | 1.065,02 € |
- Ter 18 anos cumpridos ou estar emancipado ou emancipada, agás as excepcións previstas na normativa autonómica de inclusión social vixente en cada momento.
- Ter constituída de feito unha unidade de convivencia independente.
- Acreditar a escolarización e asistencia regular ao centro escolar dos/as menores da unidade de convivencia que estean en idade de escolarización obrigatoria.
- Comprometerse a participar activamente, a unidade de convivencia, no itinerario de inclusión cidadá que deseñen os servizos sociais municipais nos termos previstos nel e durante toda a duración deste.
É compatible con otras prestacións?
- RISGA / COMPATIBLE
- AXUDAS DE INSERCIÓN SOCIAL (AIS) / NON COMPATIBLE
- OUTROS INGRESOS PARA A MESMA FINALIDADE / NON COMPATIBLE
- RENDA DE GARANTÍA BÁSICA CIDADÁ / COMPATIBLE
- PRESTACIÓNS DE RESCATE SOCIAL (RESTO) / COMPATIBLE
Os gastos a sufragar deberán cumplir as seguintes condicións:
Débedas asociadas á pobreza enerxética: débedas por subministro de luz e/ou gas que proce dan dun impagamento puntual.
- Aboaranse ata o 100% do gasto de recibos non pagados, derivados da subminis- tración dun máximo de doce (12) meses de antigüidade á data da solicitude inicial, e ata un máximo do 100% do IPREM, ou índice que o substitúa.
Gastos asociados a altas de contratos de subministración enerxética de vivenda.
- Aboarase ata o 100% do gasto e ata un máximo do 100% do IPREM, ou índice que o substitúa.
Gastos asociados a débedas da comunidade de propietarios por gastos ordinarios, cando exista un requirimento por parte da Comunidade de Propietarios ou risco de desafiuzamento por este motivo.
- Aboarase ata o 90% da débeda de comunidade ata un máximo do 200% do IPREM, ou índice que o substitúa.
Gastos por endebedamento previo, relacionados co aloxamento habitual, que sexa residencia real e efectiva, da persoa solicitante (alugueiro, cotas hipotecarias e pagamento de habitación en vivenda compartida, ou esta- blecementos residenciais colectivos).
- Aboarase ata o 90% da débeda de comunidade e ata un máximo do 200% do IPREM, ou índice que o substitúa.
Estas prestacións non poderán solicitarse máis dunha vez polo mesmo concepto nun período de tres (3) anos
Os requisitos deberán reunirse no momento de presentar a solicitude e todos eles deberán manterse durante todo o período en que a persoa perceptora estea percibindo a renda municipal de garantía básica cidadá
Como se realiza la tramitación:
A solicitude presentarase en calquera día do ano nos modelos formalizados establecidos polo Concello de Santiago de Compostela, achegando a documentación correspondente, preferentemente por sede electrónica..
Pódese concertar cita cos Servicios Sociais Municipais a través do Servizo de CITA PREVIA ou dirixíndose a solicitala ao PASS (Punto de atención de Servizos Sociais) de referencia.
Documentación
- Certificado de empadroamento da solicitante, sen prexuízo das restantes alternativas previstas pola normativa vixente en cada momento.
- Documento de identidade ou certificación literal de nacemento, sen prexuízo das restantes formas de acreditación previstas pola normativa vixente en cada momento.
- Acreditación da unidade de convivencia:
- En canto á composición de membros da unidade de convivencia, calquera documento previsto pola normativa vixente
- en canto á identidade dos membros da unidade de convivencia, calquera documento previsto pola normativa vixente
- Acreditación das circunstancias económicas da unidade de convivencia:
- Último recibo emitido do IBI e IVTM (no caso de ser titulares de bens), e últimas declaracións fiscais presentadas de IRPF e Imposto sobre o Patrimonio.
- Copia do contrato de alugueiro ou do préstamo hipotecario, e os últimos xustificantes de pagamento.
- Xustificación de ingresos de todas as persoas integrantes da unidade de convivencia relativo aos últimos tres meses anteriores á presentación da solicitude, en concreto e en relación con todos os membros da unidade de convivencia:
- Informe de vida laboral.
- Follas de salario.
- Certificación de percibir ou non prestacións económicas por parte do Servizo Público de Emprego.
- Certificación de percibir ou non prestacións ou pensións por parte da Seguridade Social.
- Autorización ao Concello para acceder ós datos tributarios debidamente asinada por tódolos membros que formen parte da unidade familiar de convivencia ou certificación dos mesmos expedida pola axencia tributaria.
- Extracto das entidades bancarias nas que confiasen as contas ou depósitos sobre os movementos banca- rios existentes nos tres (3) meses anteriores á solicitude.
- Declaración xurada de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas polo mesmo concepto polas distintas administracións públicas competentes ou institucións privadas.
- No caso de padecer enfermidade, informe médico emitido polo sistema público de saúde que acredite tal circunstancia.
- Certificado de grao de discapacidade e/ou grao de dependencia, se é o caso.
- Calquera outra documentación acreditativa da situación de necesidade determinante da solicitude.
- Cando non se poidan acreditar documentalmente todos ou algúns destes documentos, declaración responsable de ingresos explicando os motivos concretos polos cales non se pode achegar cada documento concreto.
- Certificación expedida polo centro escolar acreditativa da escolarización e asistencia regular a centro escolar dos/ as menores da unidade de convivencia que estean en idade de escolarización obrigatoria.
- De ser o caso: Resolución denegatoria, de suspensión ou de extinción da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA), ou prestación autonómica que a substitúa, ou, alternativamente, un informe dos servizos sociais municipais que acredite que non se cumpren os requisitos previstos polo artigo 12 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, de acordo coa información e documentación facilitada pola solicitante e recadada polos servizos sociais municipais.
- Acreditación do gasto ou débeda concretos para os cales se solicita a prestación.
- Calquera outra documentación que se considere pertinente para avaliar a situación de vulnerabilidade social e/ou en situación ou risco de exclusión social, en particular a que acredite a pertenza a un colectivo considerado en situación de risco ou exclusión social pola normativa autonómica vixente en cada momento.
- Informe social e compromiso inicial de participar no itinerario de inclusión cidadá que se redactará conxuntamente entre os servizos sociais municipais e a persoa solicitante mais os membros da súa unidade de convivencia.
Estes documentos, nos máis dos casos, poderán ser pedidos e tramitados directamente polo Concello se a persoa solicitante quere autorizalo
Prazo
En calquera momento.