Estarán cubertos por estas axudas aqueles gastos derivados por mor de:
- Matrículas, materiais, desprazamentos, manutención ou outros gastos dentro do sistema educativo público; e demais formación complementaria asociada a un itinerario de inclusión cidadá.
Aboarase un pagamento único anual por importe máximo de:
CONCEPTO | IMPORTE (€) |
---|---|
Escolarización non obrigatoria de 0-6 anos | 400€ |
Estudos non universitarios | 200€ |
Estudos universitarios ou de postgrao (primeira matrícula universitaria en cada materia) |
Total do custo, cun máximo de 1.000 € |
Formación complementaria asociada a un itinerario de inclusión cidadá | 200€ |
Complemento por transporte interurbano | 200€ |
Complemento de manutención | 200€ |
Quen o pode solicitar?
- Persoas que cursen Preescolar, estudantes de formación profesional, nos seus ciclos de grao medio e superior, bacharelato ou universidade, dentro do sistema educativo público; e demais formación complementaria asociada a un itinerario de inclusión cidadá.
- Persoas que estean empadroadas no concello de Santiago de Compostela con tres (3) meses de anterioridades á data de solicitude.
Estas prestacións son incompatibles con calquera outra beca ou axuda, pública ou privada, polo mesmo concepto.
Ademáis, as persoas que a queran solicitar deberan cumprir as seguintes condicións:
- Ter sido avaliada/o en situación de vulnerabilidade social e/ou en situación ou risco de exclusión social polos servizos sociais municipais.
- Límite de recursos da unidade de convivencia:
Nº PERSOAS DA UNIDADE DE CONVIVENCIA | LÍMITE MÁXIMO DE INGRESOS (% IPREM) | LÍMITE MÁXIMO DE INGRESOS (€ IPREM) |
---|---|---|
1 | 125,00% | 665,64 € |
2 | 140,00% | 745,51 € |
3 | 155,00% | 825,39 € |
4 | 170,00% | 905,27 € |
5 | 185,00% | 985,14 € |
6 ou máis | 200,00% | 1.065,02 € |
- Ter 18 anos cumpridos ou estar emancipado ou emancipada, agás as excepcións previstas na normativa autonómica de inclusión social vixente en cada momento.
- Ter constituída de feito unha unidade de convivencia independente.
Acreditar a escolarización e asistencia regular ao centro escolar dos/as menores da unidade de convivencia que estean en idade de escolarización obrigatoria. - Comprometerse a participar activamente a unidade de convivencia no itinerario de inclusión cidadá que deseñen os servizos sociais municipais nos termos previstos nel e durante toda a duración deste.
- As persoas perceptoras quedan obrigadas a solicitar a correspondente beca ou axuda ao estudo na seguinte convoca toria, para o caso de habela.
Os requisitos deberán reunirse no momento de presentar a solicitude e todos eles deberán manterse durante todo o período en que a persoa perceptora estea percibindo a renda municipal de garantía básica cidadá.
É compatible con otras prestacións?
- RISGA / COMPATIBLE
- AXUDAS DE INSERCIÓN SOCIAL (AIS) / NON COMPATIBLE
- OUTROS INGRESOS PARA A MESMA FINALIDADE / NON COMPATIBLE
- RENDA DE GARANTÍA BÁSICA CIDADÁ / COMPATIBLE
- PRESTACIÓNS DE RESCATE SOCIAL (RESTO) / COMPATIBLE
Como se realiza a tramitación
A solicitude presentarase nos modelos formalizados establecidos polo Concello de Santiago de Compostela, achegando a documentación correspondente, preferentemente por sede electrónica.
Pódese concertar cita cos Servicios Sociais Municipais a través do Servizo de CITA PREVIA ou dirixíndose a solicitala ao PASS (Punto de atención de Servizos Sociais) de referencia.
Os servizos sociais municipais avaliarán, previos os traballos técnicos oportunos, se se dá ou non a situación de risco ou exclusión social e elaborarán o itinerario de inclusión cidadá previsto nesta ordenanza.
Documentación
- Certificado de empadroamento da solicitante, sen prexuízo das restantes alternativas previstas pola normativa vixente en cada momento.
- Documento de identidade ou certificación literal de nacemento, sen prexuízo das restantes formas de acreditación previstas pola normativa vixente en cada momento.
- Acreditación da unidade de convivencia:
- En canto á composición de membros da unidade de convivencia, calquera documento previsto pola normativa vixente
- En canto á identidade dos membros da unidade de convivencia, calquera documento previsto pola normativa vixente
- Acreditación das circunstancias económicas da unidade de convivencia:
- Último recibo emitido do IBI e IVTM (no caso de ser titulares de bens), e últimas declaracións fiscais presentadas de IRPF e Imposto sobre o Patrimonio.
- Copia do contrato de alugueiro ou do préstamo hipotecario, e os últimos xustificantes de pagamento.
- Xustificación de ingresos de todas as persoas integrantes da unidade de convivencia relativo aos últimos tres meses anteriores á presentación da solicitude, en concreto e en relación con todos os membros da unidade de convivencia:
- Informe de vida laboral.
- Follas de salario.
- Certificación de percibir ou non prestacións económicas por parte do Servizo Público de Emprego.
- Certificación de percibir ou non prestacións ou pensións por parte da Seguridade Social.
- Autorización ao Concello para acceder ós datos tributarios debidamente asinada por tódolos membros que formen parte da unidade familiar de convivencia ou certificación dos mesmos expedida pola axencia tributaria.
- Extracto das entidades bancarias nas que confiasen as contas ou depósitos sobre os movementos banca- rios existentes nos tres (3) meses anteriores á solicitude.
- Declaración xurada de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas polo mesmo concepto polas distintas administracións públicas competentes ou institucións privadas.
- No caso de padecer enfermidade, informe médico emitido polo sistema público de saúde que acredite tal circunstancia.
- Certificado de grao de discapacidade e/ou grao de dependencia, se é o caso.
- Calquera outra documentación acreditativa da situación de necesidade determinante da solicitude.
- Cando non se poidan acreditar documentalmente todos ou algúns destes documentos, declaración responsable de ingresos explicando os motivos concretos polos cales non se pode achegar cada documento concreto.
- Certificación expedida polo centro escolar acreditativa da escolarización e asistencia regular a centro escolar dos/ as menores da unidade de convivencia que estean en idade de escolarización obrigatoria.
- De ser o caso: Resolución denegatoria, de suspensión ou de extinción da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA), ou prestación autonómica que a substitúa, ou, alternativamente, un informe dos servizos sociais municipais que acredite que non se cumpren os requisitos previstos polo artigo 12 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, de acordo coa información e documentación facilitada pola solicitante e recadada polos servizos sociais municipais.
- Acreditación da necesidade, realidade e importe do gasto excepcional para o cal se solicita a prestación.
- Calquera outra documentación que se considere pertinente para avaliar a situación de vulnerabilidade social e/ou en situación ou risco de exclusión social, en particular a que acredite a pertenza a un colectivo considerado en situación de risco ou exclusión social pola normativa autonómica vixente en cada momento
- Informe social e compromiso inicial de participar no itinerario de inclusión cidadá que se redactará conxuntamente entre os servizos sociais municipais e a persoa solicitante mais os membros da súa unidade de convivencia.
Estes documentos, nos máis dos casos, poderán ser pedidos e tramitados directamente polo Concello se a persoa solicitante quere autorizalo
Prazo
Aberto todo o ano.