No día de hoxe tivo lugar unha nova sesión do programa municipal “En familia, todos contan!”. Trátase dun programa deseñado e implementado polas propias profesionais do servizo municipal de Educación e Apoio Familiar, dirixido a familias con menores ao seu cargo con idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos.
Na sesión do día de hoxe, impartida pola educadora familiar do PASS Fontiñas e pola psicóloga do servizo, traballáronse aspectos relacionados co ámbito escolar.