Programa de intervención con familias

08/09/2025 | Novas

O programa de intervención con familias é un proxecto orientado a aquelas persoas coidadoras de usuarias/-os do servizo municipal de axuda no fogar (SAF), non profesionais, que viven en situacións complexas derivadas da intensidade dos coidados que prestan día a día. Valorousetecnicamente a necesidade de crear un grupo de apoio mutuo no que todas as familias usuarias do SAF que así o desexen, sexan escoitadas e valoradas.

 Na sesión levada a cabo o pasado 14 de agosto, o que se pretendía era reflectir situacións moi comúns que día a día viven as familias coidadoras e que, debido ao colapso ou cansazo, non son capaces de analizar obxectivamente a situación e desbórdanse ante ela. En definitiva, o que se pretende é tanto analizar situacións como dar pautas e indicacións técnicas.

 Novamente, o noso recoñecemento a todo o equipo de profesionais do SAF de Santiago de Compostela que fixeron posible a implementación desta actividade e animar a todas as persoas coidadoras de usuarias e usuarios do SAF, que lles sexa posible, a seguir participando nas vindeiras sesións que se organicen dende o servizo de integración social da empresa adxudicataria do servizo municipal de Axuda no Fogar, a UTE SIAD24-ASISTENZIA SAF SANTIAGO DE COMPOSTELA

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local