Participación da xefa de sección de Servizos Sociais na mesa de diálogo “Facer visible a pobreza e a exclusión social en Santiago”, organizada pola Asociación Cultural Casino de Santiago. Na mesma, tamén participaron Carlos Juíz (director de Cáritas Interparroquial), Leonor Silva (coordinadora comarcal de Cruz Vermella) e Clara Gallego (directa de Cociña Económica de Santiago). A mesa estivo moderada por Manolo Fraga, director de Vía Láctea Comunicacións.
Dende os Servizos Sociais Comunitarios faise un recoñecemento á Asociación Cultural Casino de Santiago pola organización deste acto e tamén a todos os profesionais que participaron no mesmo.