O Concello súmase á celebración do Día Nacional das Linguas de Signos coa lectura dun manifesto

14/06/2024 | Novas

Hoxe, 14 de xuño, celébrase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas e con tal motivo deuse lectura a un manifesto na praza do Obradoiro nun acto organizado pola Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela ao que asistiron os representantes de todos os grupos municipais: Míriam Louzao (BNG), María Rozas (CA), Olaya Otero (PP) e Sindo Guinarte (PSdG), así como a presidenta da entidade, Fátima Granja.

O manifesto, que foi lido pola presidenta da Asociación de Persoas Xordas de Santiago, Fátima Granja, recorda que “existen miles de linguas no mundo. Linguas que perviven e conviven para garantir o pleno desenvolvemento das comunidades lingüísticas e as culturas coas que se identifican. Linguas que se len, que se escriben, que se falan, que se signan. Que reforzan a diversidade lingüística da nosa sociedade e a enriquecen. Linguas diferentes con idéntico valor.”

O manifesto apela a “impulsar medidas de accesibilidade lingüística que garantan que calquera persoa xorda poida exercer de maneira libre o seu dereito a usar a lingua de signos, a recibir educación en lingua de signos, ou a ser atendida en lingua de signos” e a “fomentar actitudes de respecto á diversidade que nos permitan elixir de maneira libre, sen imposicións nin restricións de ningún tipo, como comunicarnos” polo que é “necesario sumar esforzos” xa que “o futuro das nosas linguas e a súa prosperidade dependen do apoio que se lles brinde“.

O Consello de Ministros fixou hai 10 anos o 14 de xuño como Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, coincidindo co mesmo día do 1936 no que se constituíu a Confederación Estatal de Personas Xordas, principal axente catalizador na defensa do dereito a usalas e aprendelas.

Servizo Municipal de Urxencias Sociais do Concello de Santiago de Compostela

Servicio 365 días do ano

Horario
Luns a venres de 15:00 a 8:00 h. e as 24 horas dos días non laborables.

Teléfono
112 Emerxencias
981 54 23 23 Policía Local

Que é?

É o Servizo Municipal de Urxencias Sociais de Concello de Santiago. Ofrece unha atención especializada de xeito inmediato ás persoas que, de forma imprevista, se atopen en situación de vulnerabilidade social. Os obxectivos son complementar a atención dos Servizos Sociais Municipais nos horarios nos que estes non están operativos, así como apoiar o labor realizado pola Policía Local, Bombeiros e Protección Civil cando no desenvolvemento das súas función se presenten problemáticas sociais que requiran inmediatez e sistemas especializados de resposta.

  • Activación en caso de urxencias sociais
  • Rutas coa unidades móvil para dar apoio ás persoas sen fogar.
  • Dispositivo especial de atención a persoas sen fogar ante climatoloxía adversa.
Como se activa?

Pode ser activado por:
-Calquera cidadán que observe unha situación de vulnerabilidade ou desprotección nunha persoa.
-A persoa que se sinta en situación de desprotección ou vulnerabilidade social.

    Chamando a:

  • 112 Emerxencias
  • 981 54 23 23 Policía Local