A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, a concelleira de veciñanza e outros membros da Corporación Municipal do concello de Santiago de Compostela participaron este mércores na praza do Obradoiro nun acto encadrado na campaña “Baixo o mesmo paraugas”, coa que mais de 100 entidades de toda Galicia conmemoran o Día Internacional das Persoas con Dsicapacidade este 3 de decembro.
O concello súmase á campaña “BAIXO O MESMO PARAUGAS”, no día das persoas con discapacidade
